Coordenadas 275

Fecha de subida 10 de abril de 2012

-
-
1.053 m
849 m
0
4,1
8,1
16,24 km

Vista 3555 veces, descargada 53 veces

preto de Garabelos, Galicia (España)

O Eco-Espazo do Monte Grande posúe un elevado valor ambiental e monumental. A nivel natural está formado por multitude de espécies características do bosque atlántico, onde non faltan carballos, amieiros, bidueiros, sanguiños, pradairos, capudres, salgueiros, ucieiras, xestas, arandos... Preto de 2.000 hectáreas de elevado valor forestal, pola gradual venta das súas espécies madeirables coma o piñeiro roxo (pinus silvestris) e o piñeiro do país (pinus pinaster). A área de lecer do Iermes amósase coma un punto de relax e disfrute de calquera roteiro que se realize polo Monte Grande. Agochado no bosque, atópase o valiosísimo patimonio cultural que nos deixaron os nosos ancestros: as mámos do Arando, testemuña dos enterramentos de sociedades agro-pastorís de hai 5.000 anos; os petrogifos do Arieiro, herdeiros de rituais relixosos de culto ao sol da Idade do Bronce e o foxo do lobo de As Covateiras, senlleira trampa para apañar lobos ao longo da Idade Media.

O ROTEIRO
Partiremos da pista que arranca á dereita do Fonte do Foxo en direción leste, ata percorrer dous km para chegar ás gravuras rupestres do Arieiro, con representacións simbólicas e círculos concéntricos da Idade do Bronce.
Seguindo cara ao norte chegaremos ás mámoas do Arando, túmulos funerarios Neolíticos con cámara de inhumación. Desde as mámoas desviarémonos apenas medio km para contemplar o foxo do lobo de As Covateiras, e voltar ao mesmo camiño polo que se acede á pista principal do Monte Grande.
Descenderemos dous km par virar á esquerda e seguir direción sur ate chegarmos á area de lecer do Iermes, onde se ubica unha fonte, un merendeiro e un pequeno lago. Seguindo o roteiro principal en un km chegaremos ao punto de partida.
Durante o percurso iremos contemplando a gran cantidade de espécies arbóreas do Monte Grande, e onde estas no-lo permitan, a paisaxe das serras circundantes. O bosque alberga gran cantidade de fauna salvaxe, onde destaca o lobo, e se agocha todo o seu alimento: corzos, xabaríns, teixugos, garduñas, cuellos... Á par do lobo, e despregando a súa astucia, tamén é frecuente que nos atopemos coa raposa, acompañados dun agradable concerto de todo tipo de sinfonías: rousiñoles, pica-paos, papo rubios, pombos....
  • Foto de Petroglifos do Monte Arieiro
  • Foto de Petroglifos do Monte Arieiro
  • Foto de Petroglifos do Monte Arieiro
As gravuras rupestres do Monte Arieiro, sitúanse na vertente sur do Monte Grande ou Monte do Arnedo, nun pequeño rechairo antes da ruptura final de pendentes cara ao río Limia, sobre o que exerce un amplo domínio visual. Están asociadas a unha zona rica en humedais e nacentes, ricos en pastos, que sin dúbida aproveitaron as sociedades da época. O periodo histórico ao que pertencen estas manifestacións artísticas en pedra, remóntase a hai 4000 anos, no que se coñece como Calcolítico, ou ben, ao periodo de transición entre a Idade de Cobre e a Idade de Bronce (2.200-1800 a.n.e.). Un periodo de relativa tranquilidade, onde os grupos humanos, ademáis de cultivar a terra pesada das veigas e cazar, exercían o pastoreo nas zona húmidas da alta montaña. A posibilidade de confeccionar ferramentas e obxetos de metal (cobre e bronce), abre un novo concepto social, con novos grupos de poder que van acumulando riqueza, e asentando os piares dan novas sociedades tribais argalladas en torno a estes grupos. Nesta época histórica, érguense nos outeiros que rodean ao río Limia, multitude de pequenos poboados con cabanas de madeira, que rodeados de bosque, configurarían unha estampa idílica, digna de caquera pelicula que recree unha paisaxe prehistórica. As gravuras petrografiadas no Monte Grande, insírense dentro do Grupo Galaico de Arte Rupestre, coa sua típica simboloxía de elementos abastractos, círculos concéntricos, coviñas, espirais, laberintos, serpentiformes…; por outra banda de moi difícil interpretación. Son varios os penedos con representacións, na maoir parte deles coviñas que nalgún caso chegan a formar unha composición. Destaca un gran panel frontal, coa reperentación de dous conxuntos de círculos concéntricos unidos por unha linea e rodeados de pequenas coviñas. ¿Qué representaban os petroglifos?. Teriamos que retrotraernos no tempo 4.000 anos e inserirnos dentro da mente do artista, para saber o seu significado exacto. Pero podemos aventurarnos e argumentar algunha interpretación. Está claro que estamos ante unha incipiente manifestación relixiosa, unha das relixións máis antigas que se coñecen na Galiza, onde seguramente os astros xogarían un papel fundamental. Sociedades tan dependentes da natureza para subsistir, é moi posibel que realicen algun tipo de culto aos astros (sol, lúa, estrelas), para garantir a sustentabilidade do seu ecosistema. Sobre estas pedras do Arieiro, con clara orientación ao nacente, levariase a cabo algún tipo de ritual, ofrenda, danza ou calquera manifestación de culto, conforme cunha sociedade equilibrada e en perfecta armonía coa natureza.
Fonte de auga fresca para refrescarse a medio camiño
  • Foto de Mámoas de As Terras Brancas
Primeira necrópole con tres túmulos megalíticos que albergan enterramentos de hai 5000 anos. O monumentos están agochados entre a espesa vexetación que os carga de maxia.
  • Foto de Foxo de As Covateiras
  • Foto de Foxo de As Covateiras
  • Foto de Foxo de As Covateiras
  • Foto de Foxo de As Covateiras
  • Foto de Foxo de As Covateiras
  • Foto de Foxo de As Covateiras
Ao longo da Idade Media, as técnicas de caza herdadas da Prehistoria, fóronse perfeccionando, para argallar unha persecución implacábel contra o lobo. Desde as trampas máis rudimentarias, que consisten nun simple buraco no chan disimulado con ramallos, ata sofisticados sistemas arquitectónicos de cacería ideados polo enxeño popular. O foxo do lobo das Covateiras, é unha trampa de cruz. Está formado por catro paredes de pedra, co aparello recibido en seco, que converxen nun pozo central de tres metros de profundidade. Os muros norte e sur, sobrepasan os cincocentos metros, mentres que os muros leste e oeste non chegan a 200; a altura media das paredes é de dous metros. Tecnicamente é un foxo ideado para grandes chairas ou planaltos, onde non hai un paso claro do lobo e hai que cubrir os catro flancos; ou neste caso desenado para dar cobertura a todas as poboacións que rodean a Serra, dahí as catro converxencias. A pesares desta cuestión puramente técnica e enxeñosa, a lenda popular di que foi feito exclusivamente para cazar a un ser mitolóxico galaico, o Lobo da Xente, mezcla entre lobishome e sacauntos que ía disfrazado cunha capa negra e se adicaba a comer xente. A cronoloxía deste foxo asóciase ás atopádas no libro da Monteria de Alfonso XI, con gravuras do século XII, onde aparece descrita unha modalidade de caza denominada caza a Buytron, que coincide xenericamente co foxo de cruz A BATIDA DO LOBO Na batida do Monte Grande, xuntábase un gran desplegue de xente (máis de 200 persoas), cabalos e cans, organizados en grupos polo Monteiro Maior, que era ao convacante e director da cacería. Raramente faltaban os crérigos á fronte da montería, que interpretaban ao lobo como símbolo do demo e queriano exterminar. Os veciños ían provistos de latas, caldeiros vellos, cornos, tambores ou calquera aparello barullento e batían o mato con aixadas e gadañas, ata faer sair o lobo. Unha vez descuberto, guiábano ata o buraco do foxo e obrigábano a precipitarse ao fondo, onde normalmente era chuzado ou matado a pedradas. Ás veces era trasladado vivo ata a aldea e paseado nun carro, entre unha tremenda festa con gaitas, baile, viño e comida. Na secuencia fotográfica podemos ver a evolución do foxo das Covateiroas desde que foi descuberto ata que se puxo en valor.
  • Foto de Mámoas do Arando
  • Foto de Mámoas do Arando
Pequena necrópole megalítica con tres túmulos que amosan parte da súa cámara funeraria.
  • Foto de Lago do Monte Grande
  • Foto de Lago do Monte Grande
LAgo que recolle as augas dunha braña, onde se concentra moita fauna acuática e vexetación palustre.
Antigo viveiro do Monte Grande, reconvertido en arboreto para poder identificar as especies do bosque.
  • Foto de Lago do Iermes
  • Foto de Lago do Iermes
Área de lecer do Iermes para repoñerse ao final do roteiro. Dispón de fonte, mesas de pedra e un pequeno lago artificial entre carballos e bidueiros.
Fonte xusto no Inicio/Fin do roteiro, para encher a cantimplora antes do comezo ou ben para saciar a sede ao final da camiñata.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta