• Foto de Roteiro do val do río Tórdea (Castroverde - Lugo)
  • Foto de Roteiro do val do río Tórdea (Castroverde - Lugo)
  • Foto de Roteiro do val do río Tórdea (Castroverde - Lugo)
  • Foto de Roteiro do val do río Tórdea (Castroverde - Lugo)
  • Foto de Roteiro do val do río Tórdea (Castroverde - Lugo)
  • Foto de Roteiro do val do río Tórdea (Castroverde - Lugo)

Coordenadas 571

Fecha de subida 6 de febrero de 2018

Fecha de realización febrero 2018

  • Valoración

     
  • Información

     
  • Fácil de seguir

     
  • Entorno

     
-
-
595 m
460 m
0
4,4
8,8
17,7 km

Vista 297 veces, descargada 4 veces

preto de Pereiramá, Galicia (España)

Con un percorrido próximo aos 18 quilómetros, trátase dun roteiro circular, de dificultade baixa, localizado no sur do concello de Castroverde, con saída dende o lugar “Camiño Ancho” na parroquia de San Xulián de Pereiramá. A contorna do Río Tórdea considérase unha das zonas de maior interese deste Concello polo rico patrimonio cultural que acolle: igrexas románicas, xacementos arqueolóxicos, construcións etnográficas e paisaxes de gran beleza. O roteiro discorre na súa meirande parte por camiños rurais sen asfaltar, así como por varios tramos asfaltados, estrada desde o Camiño Ancho ata San Xulián. Estrada antes de chegar a Espasande desde o Camiño que vén desde San Xulián. Estrada desde o Castro de Goi ata o Camiño da Fonte da Torre en Tórdea, volta á estrada local. Estrada de Tórdea a Uriz ( hai tramos que o roteiro transcorre por camiños). Estrada de Uriz ata o Camiño das Pereiriñas. Estrada local desde O pazo de Fornos á igrexa da Pumarega. Estrada desde Cellán de Calvos á Viladónega e, estrada local desde San Xulián ata O Camiño Ancho. O trazado percorre lugares de enorme interese ambiental e histórico-cultural. No aspecto ambiental merece salientarse o bosque autóctono, con árbores senlleiras (carballos e castiñeiros centenarios en Goi, Tórdea, Cellán de Mosteiro e, entre o Vilar e Cellán de Calvos), con alternancia puntual de prados e leiras. Así mesmo, o percorrido atravesa en varios puntos varios regos -afluentes do río Tórdea-. Tamén son de salientar certos lugares de interese paisaxísticos, como formacións de rochedo -no Forno da Vella, entre Espasande e a parroquia de Santa María do Monte (Outeiro)-, Penalada entre a Pumarega, Cellán de Mosteiro e O Vilar, todas estas formacións van amosándose á nosa vista ao longo do percorrido e, todas estas formacións teñen as súas lendas. Ao longo do roteiro existen varios bens patrimoniais de grande valor histórico-cultural: a) xacementos arqueolóxicos: os castros de Espasande, Uriz-Cellán, a Pumarega, Sucastro, Castro do Vilar e Croas de San Xulián de Pereiramá, así como tres sartegos medievais en Goi. b) igrexas: románicas en Espasande, Tórdea (con vestixios prerrománicos), Uriz, Cellán de Mosteiro e A Pumarega; de menor antigüidade igrexas de Cellán de Calvos e San Xulián de Pereiramá. c) construcións etnográficas: muíños en Goi e entre Tórdea e Uriz; restos dun mazo en Goi; un cruceiro en San Xulián e, varias fontes, a saber fonte da Bica e Pacios en Espasande, Fonte da Torre en Tórdea, Fonte do Ouro en Cellán de Mosteiro… d) pazos e/ou casas grandes en, Goi, Cellán de Mosteiro, A Pumarega (Casa de Fornos) Pola parroquia de Tórdea pasa tamén a Vía Romana XIX, mais o roteiro a sinalizar non coincide coa Vía XIX.

1 comentario

  • Foto de roleiver

    roleiver 30-jul-2019

    He realizado esta ruta  ver detalle

    Ruta que recorre lugares de gran valor paisajístico y patrimonial. A destacar el tramo entre A Pumarega y Cellán de Calvos, discurriendoel camino por bosque autóctono.

Si quieres, puedes o esta ruta