Coordenadas 292

Fecha de subida 8 de agosto de 2018

-
-
912 m
616 m
0
3,7
7,5
14,9 km

Vista 898 veces, descargada 1 veces

preto de Muiños, Galicia (España)

Este roteiro baséase nun dos camiños por onde escaparon os galegos e galegas do Val do Limia, logo do golpe de estado franquista do 36. A brutal represión dos falanxintas sobre a poboación común, fixo que procurasen vías de escape, fuxindo das torturas, roubos, violacións e matanzas dos carniceiros franquistas.
Ademáis dos caminhos principais, as corredoiras alternativas multiplicáronse na época, tratando de evitar os controis e cair nas gadoupas dos fascistas; traxectos que se percorrían de noite ata alcanzar acobillo e refuxo en terras portuguesas.
A día de hoxe, a paisaxe e o territorio foron intensamente modificados, mesmo coa construción dun encoro que asulagou o paso tradicional do río Salas. Ora ben, o roteiro mergúllase no Xurés en paisaxes de grandiosa beleza, empregando congostras e corredoiras para salvar o desnivel entre o Val do Limia e o Val do Salas, onde se adentra nun espectacular bosque de ribeira e o río vai formando pozas e olas de gran magnitude. Á súa vez, no percorrido vaise agochando un rico patrimanio cultural, representado en cruceiros, petos de ánimas, poldrados, antas e constantes mostras da arquitectura tradicional e de montaña.
Conxunto parroquial de San Pedro de Muínhos
Adegas escavadas no sábrego con entrada en arco de media volta.
Paso tradicional do regato de A torrente, con ponte alintelada.
Ola de gran profundidade no río Salas e muínhos fariñeiros ao seu carón.
Anta ou arca megalítica, trasladada dende o seu emprazamento orixinal na Veiga do Salas, durante a construción do encoro de Salas.
Hábitat acuático que ocupa os restos dunha antiga canteira, con vexetación lacustre e fauna de auga: ras, tritóns, píntegas...
Enterramento tumular megalítico con cámara de corredor de Outeiro de Covaldre.
Enterramento tumular megalítico tipo "cista" de Outeiro de Covaldre
Paso tradicional no poldrado do río Salas anegado polo encoro.
Aldea tradicional de Tourem de singular beleza, con monumental arquitectura tradicional, forno comunal e casa de acollida de D. Manuel Barros.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta