Tempo  unha hora 41 minutos

Coordenadas 555

Fecha de subida 15 de junio de 2013

Fecha de realización junio 2013

  • Valoración

     
  • Información

     
  • Fácil de seguir

     
  • Entorno

     
-
-
285 m
104 m
0
1,6
3,3
6,51 km

Vista 4360 veces, descargada 47 veces

preto de Gulanes, Galicia (España)

Este roteiro sinalizado e homologado coma PR-G 163 transcorre polos montes da parroquia ponteareana de Cristiñade, na zona de San Cibrán que linda con Salceda de Caselas.
O seu deseño ten forma de oito, sendo o punto común dos seus aneis a Fraga do Rei, onde comeza a nosa andaina.
A case totalidade do seu traxecto vai polas pistas de uso forestal, sendo puntos a mencionar a dita Fraga do Rei, con área de lecer ao abeiro de carballos americanos, e o miradoiro de Xandolaia.

Ver más external

árbol

Carballos americanos

Plantación de carballos americanos as beiras dun rego.
Waypoint

Deposito augas

Depósito de augas preto da Fraga do Rei.
fuente

Fonte da Edreira

Fonte da Edreira.
fuente

Fonte da Xandolaia

Fonte da Xandolaia, preto do miradoiro.
fuente

Fonte do Campelo

Fonte do Campelo.
fuente

Fonte Fraga do Rei

Fonte na área de lecer da Fraga do Rei.
fuente

Fonte Poza das Camisas

Fonte Poza das Camisas.
Picnic

Fraga do Rei

Área de lecer da Fraga do Rei. Conta con mesas baixo a sombra de carballos americanos.
panoramica

Miradoiro de Xandolaia

Miradoiro con vistas sobre Ponteareas, A Picaraña, Cristiñade e A Franqueira.
foto

Penedo

Penedo de rocha granítica.
árbol

Piñeiral

Bosque de piñeiros na parte alta do percorrido.
Waypoint

Presa

Represa de auga.
árbol

Souto

Bosque de carballos.

6 comentarios

  • Foto de jesussimon

    jesussimon 15-jun-2013

    Descoñezo os criterios que levaron a Federación Galega de Montañismo a homologar este sendeiro que na súa case totalidade vai polas pistas para o uso forestal dunha explotación de piñeiros e eucaliptos.
    Atopei algún treito xa invadido polo mato e cunha sinalización que nalgún punto está agachada pola vexetación.
    Loable a laboura dos comuneiros, mais, ben se sabe: cando os ingredientes son regulares o resultado acostuma a ser desilusionante.

  • Foto de elcorty

    elcorty 18-jun-2013

    Agradécese o comentario para non cometer o mesmo erro. Saúdos

  • Foto de jesussimon

    jesussimon 19-jun-2013

    Saúdos, "elcorty".

  • Foto de Casa.Da.Urcela

    Casa.Da.Urcela 20-ene-2014

    He realizado esta ruta  ver detalle

    Efectivamente una ruta por pistas forestales sin aparente dificultad, ideal para una caminata sin pretensiones en grupo... o para hacer mejor la digestión de un cocido o churrasco en la Fraga do Rei

  • Foto de Davide Gándara

    Davide Gándara 22-jun-2017

    He realizado esta ruta  ver detalle

    O tramo entre castiñeiros moi ben. O tramo de pistas forestais pasable. O mirador do xandolaia non merece a pena, xa que a vexetación (árbores) impide ter ningunha panorámica da zona.

  • Foto de César Pascual Ramos

    César Pascual Ramos 02-jul-2020

    He realizado esta ruta  verificado  ver detalle

    Inda que é certo que maioritariamente se trata de pistas forestais, non me decepcionou nada esta ruta. Tamén é verdade o que se comenta do mirador da Xandolaia; a vexetación está alta e non hai vista ningunha... alí si que non paga a pena ir, xa que nin sequera o seu acceso é de interese algún na miña opinión. Por último, quería avisar de que o pequeno tramo entre o km 1.8 e km 2.0 atópase bastante pechado por silveiras e outra vexetación. Inda que era pasable cando eu fun (finais de Xuño), é mellor rodear pola pista un pouco máis ao norte.

    A pesar destas cousiñas considero que é unha ruta preciosa e a recomendo para calquera persoa que lle apeteza dar unha volta rápida por bosques verdes e frondosos. Tamén ten o atractivo de que é unha ruta con moita auga. Grazas por colgala!

Si quieres, puedes o esta ruta