Coordenadas 362

Fecha de subida 17 de octubre de 2012

-
-
896 m
802 m
0
3,2
6,4
12,75 km

Vista 7713 veces, descargada 81 veces

preto de Maus de Salas, Galicia (España)

O Roteiro Megalítico do Val do Salas sumérxenos na prehistoria recente do noso país, é un percurso por unha paisaxe prehistórica que percorre as míticas terras onde hai 5000 anos se estableceron os primeiros agricultores e gandeiros de Galicia. Estes individuos, da avanzada sociedade neolítica, ergueron os seus monumentos funerarios deixando testemuña dun incipiente culto relixioso polo astro rei e crenzas que van mais alá do seu paso polo planeta.
Descripción
Comezaremos na presa do Salas, á beira da “Casiña da Moura”, un potente dolmen que foi trasladado do seu emprazamento orixinal, cando se construíu a presa a finais da década dos 60 do século XX. A contención das augas do Val do Salas por esta xigantesca mole de cemento asulagou unha inxente cantidade de Patrimonio Arqueolóxico.
Cruzaremos o muro de formigón para chegar á “Casola do Foxo”, un pintoresco dolmen rodeado dunha fermosísima paisaxe de auga e picos montañosos. Entraremos nunha pista que circunvala o encoro, fixándonos nas curiosas formacións caóticas de bolos e bloques diaclasados ás que a auga vai modelando. Se nos atopamos en época estival, poderemos disfrutar do baño nas limpas augas do encoro de Salas, de momento libres de contaminación. De igual xeito, en temporada de pesca o Salas proporcionaranos magníficas capturas de troitas e bogas aos pescadores experimentados.
Novamente, atravesaremos o encoro na ponte de Guntumil, para acceder á necrópole megalítica de Outeiro de Covaladre, onde observaremos dous enterramentos neolíticos escavados na década dos 90 polo profesor José María Eguileta Franco. Logo continuaremos bordeando o encoro ata chegar a Maus de Salas, onde poderemos beber auga fresca e contemplar unha mostra da Arte Popular Galaica representada no cruceiro pétreo de As Maus. Se as augas do encoro están baixas, descenderemos ata o mesmo para explorar unha mámoa á que as augas foron descarnando para deixar á vista as súas entrañas neolíticas.
Continuando desde as Maus de Salas, abordaremos o último tramo do roteiro, observando sempre de frente as agrestes formacións dos Picos de Fontefría, onde águias reais, cabras montesas e lobos, son os donos absolutos destes bosques centenarios.
Dolmen de grandes domensións cuxa cámara poligonal foi trasladada perante a construción do encoro de Salas. Na foto realizada na temporada de augas baixas, podemos ver o socavón da mámoa no lugar onde foi desterrada.
Pintoresco dolmen neolítico ao pé do encoro de Salas
A necrópole de Outeiro de Covaladre, alberga varios túmulos megalíticos, os máis espectaculares, M1 e M5, foron escavados por unnha equipa dirixida polo profesor José María Eguileta Franco na década dos 90. Hoxe son visitables os dous, e mesmo gozan dunha carlería que explica a súa funcionalidade e contexto. histórico.
Este dolmen de corredor só e visible cando as augas do encoro están baixas. Á súa vez, debería ser obxecto dun rescate ou consolidación, pois as augas están deterirando irrevesiblemente a súa estructura e entrañas.
Desde o tramo final do percurs, os cúmios de Fontefria e Gralleiras enchen o hourizonte para delicia das nosas retinas.Adentrándonos na serra é moi probable tropezar con algún tipo de fauna salvaxe: corzos, xabaríns, cabras, águias, teixugos, lobos...
Vestixios do que algún día foi un gran dolmen de corredor, seguramente destruído nas obras de construción do encoro.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta