Sé el primero en aplaudir
Vista 1067 veces, descargada 11 veces
preto de Pontesampaio, Galicia (España)
A ruta comeza en Ponte Sampaio, lugar de paso do camiño de Santiago que conta con numeroso patrimonio histórico. Hai que ter en conta que como punto de cruce de varios camiños é sinxelo confundirse de sinalización. A ruta tecnicamente non é exixente pero hai fortes pendentes en todo o trazado. A ruta permite apreciar numeras construcións que forman parte do patrimonio histórico como muíños, hórreos, igrexas, capelas, pontes a parte duns ricos paisaxes e flora. O percorrido é unha sucesión deste patrimonio histórico mesturado con unhas fermosas vistas sobre a ría de Vigo e a enseada de San Simón pasando polas aldeas de Vilar, Rañadoiro e Acebedo. A ruta curta pódese completar con variantes que dan a posibilidade de subir a ermida de Cristo Rei que ten un preciosa vista da ría de Vigo e de parte de Pontevedra.
Consellos:
Botas de montaña ou impermeables con caña alta para protexer os nocellos. Non hai acceso a bares ou restaurantes polo que é recomendable levar algo de comer.
Comentarios