Begoña L
10 2 2

Tempo  7 horas 19 minutos

Coordenadas 925

Fecha de subida 21 de mayo de 2016

Fecha de realización mayo 2016

-
-
690 m
231 m
0
2,4
4,9
9,76 km

Vista 1197 veces, descargada 17 veces

preto de Fieiro, Galicia (España)

Ruta circular que iniciamos na aldea de O Fieiro. Ao principio o camiño ascende cara A Moa e atopámonos con algunhas brañas e covas que serviron de escondite para algúns refuxiados na Guerra Civil. A medida que gañamos altitude o terreo faise mais escarpado e técnico e mais arriba observamos restos da antigua muralla que protexía aos moradores destas terras das incursións suevas, xunto cos restos dalgunhas construccións en pedra de planta rectangular de función e orixe descoñecida. Xa no cumio da Moa podemos observar a fermosura dunhas vistas que chegan desde o Faro de Fisterra ata Corrubedo e mesmo o Pico Sacro nos días de boa visibilidade.
Iniciamos o descenso e comemos no lugar onde se atopan os restos dunha antigua ermida ou igrexa que aínda conserva inscripcións nalgunha das súas lousas. Reanudamos o camiño cara a tumba da Raíña Lupa, lugar onde algunha das tradicións sitúa o seu enterramento xunto a un xeneroso tesouro e baixamos por unha senda técnica e complicada desde onde nos desviamos uns metros da ruta para visitar a mole de pedra do Guerreiro ou Xigante. Retomamos a senda principal e máis adiante topamos unha fonte para repoñer auga. Despois dun descanso dirixímonos cara a Cova da Xoana ou Casa Xoana, tamén coñecida coma "Revertedemos", polas súas tradicións de ritos e cultos paganos. Observamos a beleza do lugar, pero deixamos a subida a Cova para outra ocasión para poder cumprir co noso horario previsto.
Desde este punto o camiño diríxese en descenso ata o río, e seguindo o cauce, ademais de repoñer a nosas provisións de auga, achegarémonos ata o inicio da ascensión a Penafiel. A partir deste punto o percorrido faise bastante lento pola dificultade do terreo. Unha vez chegamos á base da mole granítica de Penafiel, as vistas compensan de novo o esforzo realizado. Tras un breve descanso, parte do grupo decide subir as ruinas do castelo e observar unha inscripción realizada na pedra pola que se condena á excomunión este enclave, e contamos a historia do medallón de bronce atopado no lugar e posteriormente desaparecido. Baixamos con prudencia e continuamos por unha antiga calzada de carros ata cruzar o río e atacar o último quilómetro da nosa aventura ata chegar de novo ao punto de partida.
  • Foto de Fonte
Fonte
  • Foto de Rio
Rio

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta