-
-
306 m
8 m
0
3,6
7,1
14,3 km

Vista 2484 veces, descargada 40 veces

preto de Pontesampaio, Galicia (España)

No ano 2008 foi inaugurado este roteiro. Dende entón non se volveu a facer nada en el, nin limpeza, nin pintado nin nada, pensamos que así é polo estado en que se encontra. Existen zonas do camiño que están anegadas de auga, aínda que non chovera nada en este inverno, polo que para pasar hai que mollarse. En sitios as marcas non existen ou non se ven porque están tapadas pola maleza que hai. A sinalización dos indicadores de madeira, moitos deles están destruídos e outros tirados. Salvo estes inconvenientes, levando un GPS, calzado adecuado para non mollarse, aínda que sexa no verán, e si puidera ser algún utensilio que corte as silvas e os toxos que hai en moitas partes do camiño, creemos que se pode facer, merece a pena polo interesante que é.
Comezamos na Ponte que as tropas francesas non puideron cruzar pola resistencia da xente do lugar, para pasar polos lugares de: A Ponte, O Vilar, O Rañadoiro e Acevedo. Ademais tamén nos encontramos con muíños, cruceiros, calzadas polas que pasaban os carros do país etc.
O percorrido facémolo completo, incluída a variante que ten dende o cruce Fontecarbón ata Chan das Cruces.
Existen dous ou tres paneis con mapa e indicadores da rota, que nos poden axudar un pouco a realizala, ademais de que nos informa dos nomes dos lugares, muíños, ríos, igrexas e capelas que ten este roteiro.
O tempo total que nos levou facelo foi de catro horas e corenta minutos.
Camiño

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta