Coordenadas 60

Fecha de subida 29 de enero de 2016

Fecha de realización enero 2016

-
-
34 m
14 m
0
0,4
0,7
1,42 km

Vista 827 veces, descargada 1 veces

preto de Godos, Galicia (España)

Este roteiro, promovido pola Comunidade de Montes de Lantaño percorre a beira do río Umia dende as proximidades da praia fluvial de Lantaño ata a Ponte Currucho, unha antiga pontella que atravesaba o río dando servizo ao muíño do mesmo nome. Neste roteiro percorremos parte da antiga vía de comunicación que unía as aldeas de Fontenla en Lantaño e Paraíso en Portas.
O acceso ao inicio realízase dende a estrada que une Caldas de Reis con Vilanoviña pasando por Lantaño e Portas (EP-8004) collendo o desvío sinalizado á Praia Fluvial, xusto debaixo do viaduto da AP-9, no lugar de Almirante. Tamén se pode acceder dende a N-640 no quilómetro 11.
  • Foto de Unha depuradora natural
  • Foto de Unha depuradora natural
  • Foto de Unha depuradora natural
Tradicionalmente estas pequenas zonas húmidas eran consideradas como lugares insalubres polo que foron sistematicamente desecadas. Actualmente sabemos que son xustamente o contrario, trátase de auténticas depuradoras naturais. As raíces das plantas acuáticas absorben o exceso de materia orgánica e substancias contaminantes e inxectan oxíxeno na auga, polo que, do mesmo xeito que os nosos riles limpan as toxinas do noso organismo, estas zonas húmidas son imprescindibles para garantir a salubridade das augas. Así pois, non debemos esquecer que o subministro de auga, tamén para o consumo humano, depende dos nosos montes. Na actualidade estes espazos naturais, independentemente do seu tamaño, considéranse merecedores dunha especial protección polos seus valores naturais e polos bens e servizos que nos proporcionan. Resulta complexo e custoso recuperar as zonas húmidas perdidas, pero podemos comprometernos na conservación daqueles que aínda podemos gozar. http://roteiros-lantanho.blogspot.com.es/p/zona-humida.html
  • Foto de Inicio roteiro Umia-Lantaño
  • Foto de Inicio roteiro Umia-Lantaño
  • Foto de Inicio roteiro Umia-Lantaño
  • Foto de Inicio roteiro Umia-Lantaño
  • Foto de Inicio roteiro Umia-Lantaño
  • Foto de Inicio roteiro Umia-Lantaño
Roteiro Umia-Lantaño: de Fontenla ao Paraíso Este percorrido segue parte do antigo camiño que unía as aldeas de Fontenla e Paraíso remontando o río Umia. Durante o paseo poderá descubrir a importancia dos ríos para a biodiversidade e para o ser humano. No camiño atopará os marcos da Comunidade de Montes de Lantaño. Estes marcos levan habitualmente o debuxo dunha liña na parte superior indicando a forma da estrema, recta ou en esquina, e a inscrición MP seguida do número de marco. A inscrición MP deriva de monte público pois, aínda que os montes comunais non o son, cando se deslindaron en 1967 dependían dos concellos e o ICONA polo que se consideraban públicos. Este roteiro está promovido pola Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Lantaño formando parte do proxecto de recuperación do monte como espazo de lecer e goce dos veciños. Xunto con esta actuación realizáronse plantacións de especies frondosas en todo o linde do monte así como a retirada de lixo e entullos. O monte achega recursos como a madeira con valor económico directo pero tamén bens e servizos imprescindibles aínda que imposibles de cuantificar economicamente. Xera e purifica o aire que respiramos, limpa e depura a auga que bebemos, da corpo as nosas paisaxes, é fogar, refuxio e garante da supervivencia da biodiversidade, achéganos coñecemento e enriquece a nosa cultura. http://roteiros-lantanho.blogspot.com.es/p/inicio-roteiro-1.html
  • Foto de Ponte Currucho
  • Foto de Ponte Currucho
  • Foto de Ponte Currucho
  • Foto de Ponte Currucho
  • Foto de Ponte Currucho
  • Foto de Ponte Currucho
Vía de comunicación humana e natural Os ríos tamén son e foron fonte de riqueza para o ser humano. Os antigos muíños fálannos doutros tempos nos que a sustentabilidade era supervivencia. O muíño de Ponte Currucho era un dos chamados de herdeiros; a el acudían a moer xentes das dúas bandas do río, Saiar (Caldas de Reis) e Portas e Lantaño (Portas), grazas a esta pontella chamada Ponte Currucho. O gran que aquí se moía medraba tamén grazas á forza do río pois nas súas enchentes rega e fertiliza os campos facendo do val unha terra rica e produtiva, do que dan fe os catro pazos, tres casas grandes e seis muíños, algún deles de cinco moas. A veciñanza só podía cruzar o río cos carros durante o verán; e cando o caudal aumentaba deixaban os carros nas beiras e atravesaban a ponte cos animais de tiro. Pero os cursos fluviais acollen máis tránsito que o humano. Dalgún xeito os ríos e as súas ribeiras son as últimas autoestradas verdes polas que a natureza pode intercomunicarse pois o resto do espazo está ocupado xa polas nosas vías de comunicación, como ben pode vostede comprobar neste lugar. A súa importancia xustifica que se consideren hábitats prioritarios. Un bo motivo para comprometernos a colaborar na súa conservación. http://roteiros-lantanho.blogspot.com.es/p/ponte-currucho.html

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta