Tiempo en movimiento  2 horas 38 minutos

Tempo  5 horas 45 minutos

Coordenadas 2544

Fecha de subida 29 de enero de 2020

Fecha de realización junio 2000

-
-
1.483 m
778 m
0
3,8
7,7
15,37 km

Vista 11 veces, descargada 0 veces

preto de El Cedro, Canarias (España)

Excelente ruta para coñecer e gozar do Parque de Garajonay. Tomei como modelo esta: https://gl.wikiloc.com/rutas-sendeirismo/la-gomera-ruta-circular-18-pajarito-alto-de-garajonay-contadero-el-cedro-los-roques-tajaque-pajarit-17586274 mais comezando no Reventón Oscuro, na CV-14. A idea era comezar nun punto baixo para non finalizar en alto despois dunha importante subida. Realmente pensaba comezar no Campamento de El Cedro, pero un sinal de estrada confuso non me deu a seguirade de poder acceder con coche ata el. Logo observei que nada impide dirixirse alí cun turismo... En todo caso, este pode ser un punto axeitado para arrincar. Non hai un estacionamento grande mais para uns cantos coches abonda.
Xa falando do percorrido, comeza, no entorno dun bosque frondoso, baixando por unha pista calzada ata atopar un carreiro que indico cun waypoint. Cunha forte pendente, chega á Aula da Natureza (Campamento). Sigo cara El Cedro pero cambio de idea e volvo atrás, por se o tempo se me botaba enriba. Polo tanto, se non se quere certamente baixar ata ese núcleo, mellor non facer este rabo.
Comezando a subida, primeiro lene, imos xa atopando distintas paisaxes e estratos de vexetación. Nesta zona hai casas, restos de cultivos e castiñeiros. Cada vez achegándonos máis a un regueiro, chegaremos ata a capela de Lourdes a carón da cal hai unha área de lecer cunha curiosa fonte instalada con moito xeito nunha árbore. Aínda que un letreiro advirte de que é auga non tratada, ten pinta de poder beberse. Queda a criterio de cadaquen.
A partir deste punto comeza a petada cada vez máis dura. Sempre polo medio dun bosque verda marabilloso, cruzaremos o regato de El Cedro tanto por pontellas coma por un vado (con fortes choivas pode presentar poblema). Sucesivamente imos vendo a laurisilva, unhas uces enormes, logo máis cativas, xaras e outra plantas de clima máis seco. Polo camiño hai distintos miradoiros tanto de elementos locais coma de paisaxe circundante. Chegando á zona de El Contadero, onde hai un lugar de estaciomanento a carón da GM-2. Comezamos a ver os efectos dun lume de 2012, aínda que xa bastante recuperada a vexetación, amostra os esqueletos das uces xigante e outras árbores.
Xa está preto o cume de El Pajarito, o máis alto da illa. Chegado a un punto, marcado cun waypoint, o sendeiro sepárase do camiño calzado. Mellor é seguir por el pois así evitaremos unha subida máis (xa custosa a estas alturas do percorrido e subida) e faríase máis circular. Dende o miradoiro da cima pódfese gozar de magníficas vistas da illa e albiscando a de Tenerife sinaladamente o Teide.
Comezamos aquí un case continuo e pronuncido descenso. Pasamos polo Cruce de Pajaritos (entronque da CV-13 coa GM-2) onde hai abodo lugar de estacionamento. Polo camiño imos achando tanto miradoiros acondicionados coma naturais sobre impresionantes panorámicas da parte sur da illa. A carón do cruce coa estrada CV-14 un letreiro sinala "Los Roques 0,3km." é FALSO; é bastante máis distancia e cunha subida e baixada tremendas para ir ata ese miradoiro. MELLOR NON APARTARSE da ruta por esta derivación. Aínda que as vistas dende este miradoiro son espectaculares, podemos velo indo co coche ata el pois está onda a estrada (se volvemos cara S. Sebastián imos pasar por el). Nese lugar tamén está o monumento aos falecidos no lume de 1984, unha gran traxedia (ver, por exemplo: https://diariodeavisos.elespanol.com/2019/09/la-gomera-1984-la-mayor-tragedia-humana-en-un-incendio-forestal/ )
Continuando dende o cruce das estradas, aínda podemos gozar de estupendas vistas cara os roques de Ogando e de Ojila e demais. Xa en pouco estamos no lugar de comezo.
A ruta está ben sinalizada e os sendeiros limpos e acondicionados (o GPS entoleceu nun par de ocasións, pero non tén perda). Case toda é por terra. Ten, como se pode observar no perfil, un importante desnivel polo que non é apta para persoas sen preparación e forma física adecuadas. Polo demais UNHA RUTA MAGNÍFICA.
parquing

Inicio

Ese sinal de "Acceso restringido" non deixa claro se é polo peso ou para o público en xeral... Parece que só é polo peso, por tanto podería baixarse ata o Campamento onde se podería deixar o coche e comezar a ruta xa no punto máis baixo.
árbol

Bosque

Intersección

Cruce. Comeza o carroucho.

Waypoint

Captador de auga das néboas.

campamento

Aula Natureza

Intersección

Esquerda

Intersección

Dereita (para ir cara El Cedro)

Querendo facer só a ruta 18, mellor non xirar.
árbol

Castiñeiro

Intersección

Cruce

Intersección

Seguir dereito.

Río

Regato

Arquitectura religiosa

Ermida de Lourdes

Picnic

Área de lecer, con auga

Intersección

Cruce

Risco

Vao

Perigo se hai cheas.
Intersección

Esquerda

Río

Miradoiro do regato

árbol

Uces

panoramica

Miradoiro

árbol

Uceiras enormes

árbol

Xara

parquing

El Contadero

Intersección

Coincidencia co Ruta 14

Intersección

Esquerda. Mellor NON COLLER.

Preferible seguir a calzada para evitar un petón. Hai miradoiro pero a paisaxe vese igual dende arriba.
panoramica

Miradoiro

panoramica

Miradoiro

Intersección

Cruce

De ter seguido polo camiño calzado, aquí sería continuar de fronte. Se non, ir e voltar á cima de Garajonay.
cima

Alto de Garajonay

Intersección

Cruce de Los Pajaritos

Lugar con bastante aparcadoiro
Waypoint

Ruta

Intersección

Cruce

Ruinas

Caseto e vistas. Ir pola esquerda

panoramica

Panorámica

panoramica

Miradoiro de Tajaqué

panoramica

Panorámica

Ponte

Ponte

panoramica

Miradoiro

panoramica

Miradoiro sobre o Roque de Ogando

Intersección

Derivación ao miradoiro.

Intersección

Cruce. NON COLLER A DERIVACIÓN a 'Los Roques'

panoramica

Roques

A vista é fermosa, pero pode verse dende a estrada, sen o esforzo de coller este desvío da ruta.
panoramica

Panorámica

parquing

Fin

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta