Tiempo en movimiento  unha hora 39 minutos

Tempo  unha hora 55 minutos

Coordenadas 1013

Fecha de subida 22 de septiembre de 2019

Fecha de realización septiembre 2019

-
-
376 m
163 m
0
1,4
2,9
5,74 km

Vista 13 veces, descargada 1 veces

preto de Manselle, Galicia (España)

A Devesa dos Mouchos, Teaio e Bustelo do Monte son as aldeas máis afastadas do centro administrativo do Concello de Dodro.
Empezamos a Ruta na Devesa na aldea de abaixo e seguimos cara Teaio, pasando xunto o Muíño de Valentín que en tempos xerou enerxía eléctrica para a aldea. É chegamos á parte alta de Teaio, xunto a un aserradoiro e camiñamos un pouco pola carretera asfaltada até coller unha pista de terra que nos levará directamente a Bustelo onde podemos enlazar ca Ruta do Pozo Bastón ou seguir até a aldea.
foto

Inicio

Para os de San Xoán, A Devesa, Teaio e Bustelo son as aldeas do monte. A aldea é a forma básica de poboamento en Galicia e supón unha comunidade social perfectamente definida, con fondas raiceiras históricas. Desa maneira de- signamos a maior parte das entidades de poboación galegas e, nalgunhas ocasións, precede ó nome destas. A DEVESA DOS MOUCHOS. Devesa Perdeuse a palabra devesa na lingua oral pero pervive en topónimos e mi- crotopónimos por Galicia enteira, proba do uso e da importancia que ti- veron estas terras acoutadas e cercadas, de uso comunal. Devesa é terra defensa, vedada, do latín DEFENDERE, ‘defender’, excluír. Terras ou her- dades cerradas, para pasto do gando ou plantadas de arboredo para pro- ducir madeira. O dicionario de Eladio Rodríguez distingue “debesa bo- ieira” na que se manteñen os bois e “debesa potril”, para criar os poldros. Moitas das antigas devesas desde fins da Idade Media pasaron a ser de propiedade real, prohibíndose nelas a corta de madeira, que se reservaba para a construción dos barcos da armada e, desde o século XIX, para as travesas do ferrocarril. Un barco de guerra precisaba de douscentos carba- llos centenarios e a madeira tiña que botar máis dun ano a curar afundida no mar antes de cortala en táboas. O campesiñado viña obrigado a repo- boar as devesas e a coidalas e todos os bosques galaicos estaban supedi- tados a elas. Os chamados Xuíces das Devesas eran os encargados de vixiar que se cumprira a lei. Tan só nas cinco provincias costeiras galegas había 720 devesas e cotos reais (González López, 1970). A nosa devesa principal é A Devesa dos Mouchos que dá nome a unha das aldeas da pa- rroquia de San Xoán de Imo. Entrada na Devesa Dos Mouchos,
foto

Muiño

Muiño restaurado na aldea de abaixo
foto

A Devesa de Arriba

A outra parte da Devesa
foto

Hórreos na Devesa

foto

Muíño de Valentín

Dende a Idade Media, en Galicia, os muiños de auga foron un recurso moi estendido, pola abundancia de ríos e regatos. O seu sinxelo mecanismo aproveita a forza da auga, transformando o cereal en fariña e esta no valioso pan, importantísimo no pasado para a alimentación. Este muíño da Devesa tamén proporcionou electricidade a algunhas casas da aldea. Moitas destas edificacións están hoxe abandonadas pola transformación do agro pero agochan un rico patrimonio arquitectónico, cultural e etnográfico a conservar para ás xeracións futuras. Cantiga popular dos muiños: No muiño fan cantigas, no muiño fan concellos, no muiño fanse amores, e contan contos os vellos.
panoramica

Teaio

panoramica

Teaio

Aldea de Teaio con Carboeiro ó fondo Teaio é unha das aldeas do monte de San Xoán de Laíño. Abaixo dela, xúntanse o río da Devesa co río do Pedregal e os dous van dar ó río Té que desemboca na praia da Torre, ó pé do Castelo da Lúa, do trobador e almirante da mar Paio Gómez Chariño, primeiro señor de Rianxo e segu- ramente de Laíño. En xeral as raíces TAM – (Tambre) e TE(N)– (Te) asócianse a hidronímicos. Edelmiro Bascuas estudando a hidronimia paleo- europea de Galicia entende que poderían entroncarse coa forma TA, ‘de- rreterse, fluír’, ou coa raíz TINA que daría TENA e TEA, sempre con matices relativos ás augas. Nas nosas aldeas, aínda que agora se perdeu, cultivábase na beira das casas o té bravo (Chenopodium ambrosioides), que se lle daba ós animais e tamén o tomaba a xente. É unha planta orixi- naria de México e pénsase que o introduciu en Europa o médico de Felipe II. Nalgunhas follas do topográfico o río do que falamos chámase Río do Té. Con certeza é un despiste do topógrafo pero recollemos a curiosidade. No libro do notario de Rianxo de 1457 hai veciños desta aldea: Pero de Teayo, fillo de Gonçaluo de Teayo e Fernando de Bustelo de Teayo ca- sado co María do Picadiço. A Colección Diplomática Galicia Histórica conserva varios documentos nos que se fai referencia a Sanctum Martinum de Teaio, un de 1131, dun sobriño de Diego Gelmírez e outro de 1151, e no Libro de fábrica de San Xián de Laíño consta que en Teaio había unha ermida baixo a advocación de San Martiño. Cítaa o cardeal Del Hoyo en 1606. Juan Rodríguez del Padrón no remate do Seu Siervo libre de amor, despois da morte tráxica dos amantes Ardanlyer e Lyessa no castelo da Rocha Blanca de Iria, cóntanos que quedaron ceibos polas ladeiras os seus corceles “en testimonio de lo qual, oy día se fallan cauallos saluajes de aquella raça en los montes de Teayo, de Miranda y de Bujan, donde es la flor de los monteros ( ) los cuales affyrman venir de la casta ... de los treze que quedaron de Ardanlyer”. Toponimia de Dodro e de Laíño. Os nomes na auga Manuel Lorenzo Baleirón
Ruinas

Muíño

Muíño no Río do Pedregal, na carretera que sube para Bustelo. Arruinado
Waypoint

Desvío para o Pozo Bastón

Por este camiño podemos continuar a "Ruta do Pozo Bastón" nos seguimos até a aldea de Bustelo
panoramica

O Vilar

Aldea do Concello de Rianxo
Ruinas

Casa tradicional

Casa tradicional agora xa en ruínas. Dende as súas fiestras vese toda a Ría De Arousa
fuente

Fonte de Bustelo

foto

Hórreo e Cruceiro de Bustelo

Arquitectura religiosa

Fin da ruta. Peto de ánimas do Cruceiro de Bustelo

Bustelo é diminutivo de Busto, un topónimo moi característico, case exclu- sivo do noroeste peninsular. Procede de BOS, ‘boi’ e de BUSTUM, ‘pasto para os bois’, pero ademais deste último significado pode equivaler a ‘ra- baño de gando vacún’ ou ‘curral para bois e vacas’. Parentes léxicos son bosta e bosteira. Hai un longo estudo do lingüista J. M. Piel sobre o topó- nimo que insiste no que comentamos e matiza que especialmente se refire a “pastos altos, pastos de verán”. Remite tamén á obra do bieito Martín Sarmiento “xenial precursor da filoloxía hispana” no que xa se adiantan esas mesmas ideas. Gonzalo Navaza, na súa Toponimia de Catoira, á que acudo continuamente, di que os topónimos Busto e Bustelo naceron na Alta Idade Media como granxas ó cargo dunha familia de servos que coi- daba os rabaños dun señor. Algúns autores fano derivar de “bustum”, ‘te- rreo queimado para facer pasto’. No Elucidário de Joaquim de Santa Rosa de Viterbo dise que “na Galliza desde o século VIII até o XII tomouse busto por tapada ou bouça”. Bustelo do Monte é o nome dunha das al- deas do concello, da parroquia de San Xoán de Laíño, abaixo do Treito, na caeira da serra, en fronte de Vilar e de Campelo, que son xa do Araño. No libro do notario Álvaro Pérez (1457) hai un Fernando e un Johán, ditos os dous de Bustelo. Na súa Historia de caciques bandos e ideologías en la Galicia no urbana, fálanos brevemente José Antonio Duran dos im- postos que cada casa de Bustelo lle pagaba a principios do século XX a Ma- nuel Viturro, cacique de Rianxo ó que Castelao lle espetou unhas palabriñas, e cóntanos que os rapaces da aldea andaban encoiros boa parte do ano. O outro Bustelo está do lado de riba de Paizal. Como apelido ten que ser orixinario da zona porque se constata sobre todo nos concellos de Dodro e Rois. Unha vella tradición oral conta que a aldea naceu no lugar arredado de Guixar ó que se levaban os doentes dalgunha enfermidade contaxiosa. Quixais, coma na explicación que o arqueólogo Víctor Bar- beito dá para o abandono da Aldea maldita de Abuín, en Leiro (a aldea esquecida da que fala Castelao en Cousas), teña que ver con calquera das epidemias de peste ou de tifus que se deron desde fins da Idade Media. As do século XVI causaron un elevado número de mortes na comarca. Para Frutos Fernández (Nomes do Ribeiro) Guixar podería vir dunha Villam Vigiarii, de ‘vixiar’. É aldea de riquísima toponimia, algunha sen desentranar (Minifol, Trasminifol...), de monte secularmente afeito á man e a mirada do home, que agora volve ser bravo, coma os poldros ceibos da serra, sen nomes que o acouten. Hai noites nas alturas de Bustelo do Monte que as galaxias pasan tan arrente das cumieiras das casas que fan abanear as tellas. Destas terras máis baixas quedan apenas unha manchea de moxenas esparexidas, arrelumbrando coma vagalumes polos vales en sombra: velliñas, bichocos de luz cos que volver a atismiar o mundo que renace cada día co canto da laverca sobre as primeiras néboas emparrumadas da mañá.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta