Tempo  unha hora 46 minutos

Coordenadas 432

Fecha de subida 3 de septiembre de 2012

Fecha de realización septiembre 2012

-
-
58 m
-12 m
0
1,2
2,4
4,71 km

Vista 4151 veces, descargada 82 veces

preto de Cambados, Galicia (España)

Este roteiro circular escasamente sinalizado e con algún problema de mantemento comeza no fermoso monte d´A Pastora, antigo asentamento castrexo e situado a poucos metros do centro da vila de Cambados.
De primeiro achegámonos ata a capela da Pastora (séc. XVI) no medio dunha frondosa arboreda mixta e de aquí ao miradoiro sobre a ría de Arousa e a xunqueira que forma o río Umia na súa desembocadura. Baixamos cara ao camiño asfaltado que vai por detrás do cemiterio de Santa Mariña Dozo e entre viñedos de albariño e leiras chegamos ao río.
Nas ourelas do Umia unha pasarela de madeira nos servirá de observatorio das aves que habitan nesta zona de protección especial. Regresamos da pasarela e seguimos acompañando ao río e un chisco antes da ponte da Barca metémonos a dereita polo camiño asfaltado que abandonamos a uns douscentos metros tamén pola dereita, indo agora por unha corredoira.
A altura dun colexio subimos e nos intramuros do cemiterio visitamos as ruínas da igrexa de Santa Mariña Dozo, do século XV e declarada Monumento histórico-artístico no ano 1.943 e xa acadamos o punto de inicio do percorrido.
Capela do século XVI no monte da Pastora (Cambados).
Cemiterio de Santa Mariña Dozo (Cambados).
Colexio na Pastora (Cambados).
Subida ao monte da Pastora (Cambados).
Cruceiro no monte da Pastora (Cambados).
Invernadoiro nas marxes do río Umia (Cambados).
Miradoiro no cumio do monte da Pastora, en Cambados.
Parque de xogos infantís no monte da Pastora, Cambados.
Pasarela de madeira na xunqueira do río Umia, en Cambados.
Ponte na estrada Cambados - O Grove, a saída de Cambados.
Río Umia preto da súa desembocadura en Cambados.
Ruínas de Santa Mariña Dozo (séc. XV), en Cambados. Foron declaradas Monumento histórico-artístico no ano 1.943.
Viñedos de Albariño en Cambados.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta