-
-
1.000 m
593 m
0
6,1
12
24,37 km

Vista 2931 veces, descargada 19 veces

preto de Acebeiro, Galicia (España)

A ruta parte do mosteiro de Aciveiro e busca por camiños de monte as aldeas de A Rochela e A Noveliza. Segue por pistas do parque eólico deica as neveiras que os monxes de Aciveiro tiñan en Fixó. A baixada por un escarpado carreiro de montaña cara a aldea de Grovas e a propia aldea que leva medio século abandonada, constitúen un destino de privilexio, dotado dunha aura de historia e de misterio na procura do pretérito e dos ancestros. O camiño que segue a Bustelos é outra marabilla da natureza. Desde Bustelos a ascensión ao Candán é esixente pero conta cunhas vistas panorámicas de gran fermosura.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta