• Foto de Ruta Albán-Tremuzo
  • Foto de Ruta Albán-Tremuzo
  • Foto de Ruta Albán-Tremuzo

Tempo  4 horas 30 minutos

Coordenadas 421

Fecha de subida 28 de julio de 2019

Fecha de realización enero 2010

-
-
515 m
1 m
0
3,5
7,0
14,09 km

Vista 14 veces, descargada 1 veces

preto de Rates, Galicia (España)

Cun percorrido aproximado de 14 km, inicíase esta ruta no Albán (lugar de Rates). Comezamos subindo os 253 chanzos de madeira a carón dos cinco muíños do regato do Albán, que nace na Fonte do Foxo. Antigamente os veciños moían nestes muíños os cereais. Construíanse a escasos metros uns dos outros para aproveitar ao máximo a forza da auga provocada polo desnivel do terreo.

Máis adiante pasaremos polo lugar de Albeida. Dende o seu alto podemos contemplar unha fermosa panorámica da ría, importante zona de produción marisqueira e pesqueira. Nos meses de decembro e xaneiro é famosa a recolleita de pipións (peixe que vén desovar aos areais).

Dende Albeida baixaremos ata o Requeixo, pasando pola aldea de Bara. Na Punta Requeixo collemos o paseo marítimo que nos levará bordeando a costa ata a praia de Broña, a máis grande do concello, na que podemos facer un descanso. Conta con zonas verdes e mesas.

Continuando polo paseo marítimo chegamos á área recreativa e á pequena praia de Siavo, na localidade do Freixo. Nesta localidade está o porto marítimo máis importante de Outes, dotado dunha sólida industria naval.

Seguindo a ruta, pasamos a carón da fermosa igrexa parroquial de San Xoán de Sabardes, de estilo barroco (S XVII) e cun dos altares máis belos da zona. Ao seu carón está a actual casa rectoral que foi antigamente un mosteiro benedictino. Elementos máis destacados son a robusta chimenea, a solaina de columnas ochavadas e a espléndida galería de columnas sobre balaustrada de pedra. No adro tamén podemos contemplar un cruceiro datado do 1878.

E logo continuamos a subida ao monte Tremuzo (525 m de altura). É o máis alto do Concello de Outes e dispón dunha zona recreativa. Dende o cumio podemos ver unha das vistas máis espectaculares da nosa ría.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta