-
-
473 m
345 m
0
1,4
2,8
5,7 km

Vista 322 veces, descargada 17 veces

preto de Couso, Galicia (España)

Roteiro circular de 6 Km de lonxitude no que atopamos elementos arqueolóxicos de gran valor. Destacando os seguintes:


O PETRÓGLIFO DO SOBRAL

Ó pé do Alto do Viso cunha ampla panorámica sobre O Val de Miñor e o seu mar atópase un afloramento granítico abombado, emprazado onde a chanciña do Sobral cae de golpe un sitio buscado con certa teatralidade cun amplo dominio visual e na cabeceira dunha vagoadiña.
Os motivos gravados na parte alta da pedra son coviñas e unha serie de liñas curvas grosas que enchen o espazo de gravación. Pero tamén hai no lateral norte e nun chanzo na zona do solpor varios zoomorfos gravados que identificamos con équidos. Están realizados de xeito moi esquemático. Inclúense nun gran conxunto de representacións e équidos existente no sur da provincia de Pontevedra e no norte de Portugal.

O CRASTO
Sobre O Alto do Viso cunhas vistas impresionantes érguense Os Crastos que amplía e mellora o panorama visual a metros de altura desde o que supoñemos tanto polo topónimo como pola estrutura do emprazamento como un asentamento castrexo que habería que comprobar mediante escavación do sitio. No propio lugar temos As Pedras do Facho que nos falan dun sitio de control de paso do camiño que vén do Miño cara O Val do Miñor e do Fragoso polo Alto do Padrón e o outro, tamén importante que vén de Tui polo Alto de San Antoniño onde houbo capela e taberna.


AS MÁMOAS
A sudoeste do Crasto a xeografía achánzase entre os concellos de Tui, Tomiño e Gondomar, entre as parroquias de Malvas, Peitieiros, Tebra e Couso. Aquí o monte emite regueiras cara o Miño e o Miñor e as mulleres e homes que aquí viviron hai 5000 ou 6000 anos deixáronnos uns once enterramentos que chamamos mámoas que son protuberancias de terra que se erguen uns centímetros ou uns metros (2,3,4) do terreo e que ocultan unha cámara funeraria pétrea que é o lugar de deposición múltiple dos mortos daquelas comunidades neolíticas que tamén soterraban puntas de frecha, louza, ás veces figuriñas pétreas quizais agardando unha outra vida no alén.
Ó pé do Alto do Viso cunha ampla panorámica sobre O Val de Miñor e o seu mar atópase un afloramento granítico abombado, emprazado onde a chanciña do Sobral cae de golpe un sitio buscado con certa teatralidade cun amplo dominio visual e na cabeceira dunha vagoadiña. Os motivos gravados na parte alta da pedra son coviñas e unha serie de liñas curvas grosas que enchen o espazo de gravación. Pero tamén hai no lateral norte e nun chanzo na zona do solpor varios zoomorfos gravados que identificamos con équidos. Están realizados de xeito moi esquemático. Inclúense nun gran conxunto de representacións e équidos existente no sur da provincia de Pontevedra e no norte de Portugal.
Sobre O Alto do Viso cunhas vistas impresionantes érguense Os Crastos que amplía e mellora o panorama visual a metros de altura desde o que supoñemos tanto polo topónimo como pola estrutura do emprazamento como un asentamento castrexo que habería que comprobar mediante escavación do sitio. No propio lugar temos As Pedras do Facho que nos falan dun sitio de control de paso do camiño que vén do Miño cara O Val do Miñor e do Fragoso polo Alto do Padrón e o outro, tamén importante que vén de Tui polo Alto de San Antoniño onde houbo capela e taberna.
A sudoeste do Crasto a xeografía achánzase entre os concellos de Tui, Tomiño e Gondomar, entre as parroquias de Malvas, Peitieiros, Tebra e Couso. Aquí o monte emite regueiras cara o Miño e o Miñor e as mulleres e homes que aquí viviron hai 5000 ou 6000 anos deixáronnos uns once enterramentos que chamamos mámoas que son protuberancias de terra que se erguen uns centímetros ou uns metros (2,3,4) do terreo e que ocultan unha cámara funeraria pétrea que é o lugar de deposición múltiple dos mortos daquelas comunidades neolíticas que tamén soterraban puntas de frecha, louza, ás veces figuriñas pétreas quizais agardando unha outra vida no alén.
Área de parada e recreo, a carón da propia estrada, dende a que se pode obter unha das máis espléndidas panorámicas de Gondomar e de todo o Val Miñor, pois o lugar encóntrase ao leste e moi elevado. Isto permítelle ao/á observador/a construír unha imaxe moi completa da cunca do Val Miñor e da enseada de Baiona, no contexto da Ría de Vigo.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta