Este roteiro sinalizado váinos permitir coñecer os xacementos arqueolóxicos da parroquia de Couso, no concello de Gondomar. Visitaremos o petróglifo de Sobral (con coviñas e formas animais), o castro do Facho e a mámoa do outeiro da Pipa. Hai a posibilidade de alongar o percorrido conectando coa Ruta dos Petróglifos do monte Tetón ("edoarado":
http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=118057).
Comezaremos no mirador do Viso, alto de San Antoniño, na estrada que une Gondomar con Tui e alí atoparedes un panel informativo. Cun pequeno desvío imos ata o petróglifo de Sobral e volvemos para meternos pola pista da dereita.
Logo dunha subida duns cen metros, acadamos o castro do Facho, con fermosas vistas sobor de a bocana da ría de Vigo con as illas Estelas e Cíes, Monteferro, Serra da Groba e Val Miñor.
Seguimos e, deixando a man esquerda o outeiro Rachadón, chegamos ao lindeiro coa parroquia tudense de Malvas, sendo o seguinte punto de interese a mámoa do outeiro da Pipa, e desde aquí descendemos para enlazar co sendeiro das Greas, Gr-58, que nos levará ao punto de comezo.
O percorrido en se mesmo, entre os xacementos, non ten demasiado interese por discorrer sempre por pistas forestais e plantacións dispersas de piñeiros e eucaliptos.
anxomillara 5 abr 2021
a calqueira rura chamanlle parque arqueoloxico