Sé el primero en aplaudir
Vista 307 veces, descargada 2 veces
preto de Doade, Galicia (España)
O Pr-G 210 é unha ruta circular duns 14'5 km.Parte do museo etnográfico Casa do Patrón no lugar de Codeseda,e ten coma eixes os ríos Asneiro e Lebozán.
Ao longo do seu percorrido visítase o xacemento prehistórico do Castro de Doade,o castro de Vilanova,e a mámoa da peniña de Vilar.
Entre o legado de época medieval atopamos,ademais de unha antiga rede de camiños,a Vía da Prata a Compostela e a igrexa románica de san Xoan de Vilanova.De época moderna pazos,pontellas e muíños.
Destaca a paisaxe agraria sen concentrar,conformada através dos séculos polos seus habitantes,e as aldeas que conservan o casarío e o seu urbanismo tradicional .
Entre o patrimonio natural sobresaen os castiñeiros e os carballos centenarios,sendo o carballo de Soutolongo,árbore catalogada ,que posúe a copa de maior tamaño de Galiza.
Comentarios