-
-
317 m
0 m
0
5,3
11
21,03 km

Vista 1483 veces, descargada 27 veces

preto de Baroña, Galicia (España)

Punto de saída: Café Bar 58 (Aldea Abuín)

Comezamos a andaina en dirección ó Castro de Baroña que se atopa a 2-3 kms do punto de saída. Posteriormente visitamos Río Maior, Goltar, Soanes, Lavandeira, Udres e paramos a xantar nun merendeiro en Montemuíño.
Despois de estar subindo 4-5 kms, comezamos a baixada ata Porto do Son, a continuación visitamos a praia da Arnela e rematamos a ruta no punto inicial (Abuín).

Ruta moi fermosa onde se misturan marabillosas vistas tanto de mar coma de montaña. No noso percorrido cabe destacar: cabalos salvaxes, variedade floral, regatos, numerosos hórreos, tranquilidade, ausencia de asfalto.

Ruta moi recomendable e ausente de sinalización con camiños que nas veces hai que apartar algunha vexetación, cruzar regatos, saltar cables pastor e abrir un par de cancelas. Debe de seguirse indicacións de GPS ou é doado perderse.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta