Tiempo en movimiento  unha hora 15 minutos

Tempo  unha hora 30 minutos

Coordenadas 605

Fecha de subida 4 de septiembre de 2019

Fecha de realización septiembre 2019

-
-
417 m
229 m
0
1,0
1,9
3,83 km

Vista 87 veces, descargada 3 veces

preto de Buján, Galicia (España)

Roteiro circular de Bustelo e Pozo Bastón que sae da aldea por corredoiras tradicionais empedradas cunha baixada pronunciada até o Pozo Bastón onde se une ó sendeiro coa ruta PR-G 15 SUBIDA AO MONTE DA Muralla. Aproveitando está ruta volvemos de volta cara Bustelo por outro camiño tradicional.
foto

Corredoira de baixada.

Corredoira tradicional de Bustelo cara a Ferrería do Araño.
Río

Río Té

Vista do río antes do Pozo Bastón
Río

Río Té

Á esquerda da foto está a baixada dende a Corredoira que vén de Bustelo
Río

Pozo Bastón

Do Pozo Bastón, no río Te, en Araño, concello de Rianxo (A Coruña) cóntase a seguinte lenda. Un mouro achegouse a un mozo de Araño que estaba facendo o servizo militar en África e preguntoulle de onde era. E como lle dixo que de Araño, o mouro preguntoulle se sabía onde quedaba o Pozo Bastón; o mozo díxolle que si, que o sabía, e entón o mouro faloulle así: —No Pozo Bastón están encantadas tres das miñas fillas. Se me fixeses o favor de ir alí e facer o que eu che diga para desencantalas daríache o que me pedises. Como o rapaz estivo de acordo en facerlle aquel favor, o mouro explicoulle ben o que tiña que facer cando se achegase ao pozo e deulle tres bolos de pan. Mais, insistiu o mouro, non perdas os bolos, non lle contes nada disto a ninguén, e, sobre todo, tes que chegar con eles alí sen que llles falte farangullo ningún. Cando o mozo regresou a Araño antes de ir ao Pozo Bastón pasou pola casa e pousou os bolos enriba da mesa da cociña. Mais a muller, curiosa, quixo ver o que había naquel envolto, destapou e levou á boca un anaco dun deles. O mozo moito lle rifou pero xa non había remedio. Colleu cara o Pozo Bastón e ao chegar, tal e como lle dixera o mouro, botou á auga un dos bolos. De contado víu saír da auga unha moza dunha fermosura nunca antes vista por el. Logo tirou o segundo dos bolos e saíu do pozo outra rapaza tan bonita como a primeira. Faltaba o terceiro dos bolos, o encetado pola muller. Tirouno e víu como pelexaba por saír da auga unha terceira moza, tamén moi fermosa, pero coxa. Moito turrou a moza mais como ela non era quen de saír do pozo por sí soa agarrouse ás súas irmás e... volveron as tres para a auga. E alí estarán aínda, entre os cachóns de auga batida daquela fermosa fervenza que se chama Pozo Bastón. https://galiciaencantada.com/lenda.asp?cat=45&id=1551
Río

Pozo Bastón

foto

Corredoira de volta

Corredoira que segue para Bustelo a través da senda PRG-15
Ruinas

Muíño en ruinas

Muíño en ruínas no Río do Treito
Ponte

Ponte sobre o Río do Treito

foto

As Brañas de Bustelo

Xa se ven as Brañas de Bustelo camiño da aldea e deixamos o Río do Treito para subir por outra Corredoira até a aldea.
Arquitectura religiosa

Cruceiro de Alfredo e Cruceiro e peto de ánimas de Bustelo

O Cruceiro de Alfredo de Bustelo está recén restaurado. Era o último cruceiro antes de saír cos defuntos cara o Araño polo "camiño dos mortos" antes de pertencer a Dodro. Posiblemente este "camiño dos mortos" transcurrira por parte do traxecto deste roteiro. Ten fuste de sección circular que arranca da base en forma cuadrangular e capitel decorado con follas de acanto e cruz latina de sección octogonal, sen ningunha imaxe, moi desproporcionada con respeto ó resto do conxunto. O cruceiro e peto de ánimas de Bustelo foi feito en 1893 por devoción de varios veciños de Bustelo emigrados a Cuba. Atópase sobre plataforma executada con sillares labrados. Ten tres gradas cadrangulares sobre a que vai unha basa con molduras e un fuste de sección cadrada que logo pasa a octogonal. Capitel con adorno de cara de anxos sobre a que vai unha cruz de sección circular coas imaxes da Virxe e Cristo.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta