Tiempo en movimiento  unha hora 28 minutos

Tempo  unha hora 34 minutos

Coordenadas 988

Fecha de subida 4 de septiembre de 2019

Fecha de realización septiembre 2019

-
-
187 m
15 m
0
1,5
3,0
5,91 km

Vista 47 veces, descargada 1 veces

preto de Lestrobe, Galicia (España)

Sendeiro circular de 5,9 Km de difilcultade moderada que transcurre por unha das paisaxes menos coñecidas do Concello de Dodro. A senda inìciase no Lavadoiro mais grande do Concello e do Muiño de Chuco que, en tempos puido ser usado pra fabricar papel. Comézase coa subida ao denominado "BARRIO DE ARRIBA", seguindo polas zonas das arquetas e "FONTE DE SANTA MARIÑA" .As arquetas son pozos de auga que abastecen a toda a aldea. Todo o percorrido está cheo destas típicas casetas das que antigamente os veciños facíanse cargo. Hoxe en día son emopresas as que fan o traballo de cloración e mantemento pero aínda quedan pozos de auga pura, propiedade dos veciños e veciñas.
Segue o sendeiro polo medio do CASTRO DE LESTROBE que aínda conserva parte das murallas monumentais e que se poden ver perfectamente facendo un pequeno desvío que tamén nos permite ver a fonte que levaba a auga para as TORRES DE HERMIDA, residencia temporal de Rosalía de Castro e que reaproveitou o foso defensivo do castro para a súa construcción.
O Camiño contunúa ata a pista do "MIRADOIRO". Este tramo de subida é de dificultade moderada (desniveis de ate un 30%). No inverno ten zonas de auga que poden ser perigosas, en cambio, no verán, o transcurso é mais agradable xa que se pode disfrutar das sombras dos pinos e carballos.
O MIRADOIRO: Proporciónanos unhas vistas espléndidas , permitíndonos observar o horizonte seguindo a liña dende o Monte de Meda ate a confluencia dos ríos Sar e Ulla. É un lugar ideal para o descanso e avituallamento, dado que conta cunha fonte e zona de merendeiro.
Continuamos a nosa ruta ate chegar ao cruce do "CORTAFOGOS DO GAS" onde se pode observar o que as persoas maiores do lugar chaman "A PEDRA VENTUREIRA"
Segundo as lendas, recibiu esta denominación polo difilcultade que supoñía alcanzar o seu cumio sen ningún tipo de axuda técnica. Desta forma convertíuse nun reto para a mocidade dos arredores que intentaban coroala. Existe constancia que na antigüedade, a "Pedra Ventureira" estaba rodeada de flora, destacando as acacias , e de fauna: esquíos, xilgaros...
Despois de visitar a "Pedra Ventureira" comezamos a baixada, transcorrendo por unha zona de nova plantación de carballos e castiñeiros onde o camiño é de herba nalgúns tramos.
Pasando esta zona, chegamos a aldea tendo dúas alternativas:
-Á esquerda "TORRES DE HERMIDA" coñecido por ser vivenda temporal de Rosalía de Castro
-Á dereita a "Antiga Casa do Monte" e o "Camiño Vello" para enfilar na zona de "Trasmuro" pasar por diante das "Torres de Hermida" e antes de chegar ó punto de saída podemos ver as portas con marcas de proteción do "Barrio de Arriba".
fuente

Inicio.

Fonte, lavadoiro e muiño de Lestrobe
Información

Información

foto

Portas de Lestrobe

Portas de Lestrobe
foto

Portas de Lestrobe

Portas de Lestrobe
Sitio arqueolóxico

Castro de Lestrobe

Muro no interior do Castro
Sitio arqueolóxico

Castro de Lestrobe

Murallas e interior do Castro.
panoramica

Mirador de Lestrobe

panoramica

Pedra Ventureira

Gan pedra na que a lenda dí que é imposible subir sen axuda e o que o consegue non é capaz de baixar... Convertíuse nun reto para a mocidade tentar subir, pero non hai constancia de ningún sen axuda de medios externos.
panoramica

Aldea de Paizal e O Rialiño co tunel do tren

panoramica

Panorámica de Catoira

panoramica

Vista da Ponte de Catoira do tren

foto

Piñeiral

foto

Casa de patín

Edificio de interés

Torres de Hermida

As Torres de Hermida edificio tamén coñecido como Palacio de Hermida é unha construción civil situada en Lestrobe, un dos lugares máis singulares do concello de Dodro. Está declarado Ben de Interese Cultural coa categoría de monumento. É coñecido tamén como Torres de Lestrobe. Atópase situado nunha ladeira e conta cunha boa vista de Padrón e do seu val. Atópase nun terreo cunha das extensións máis grandes da comarca. Esta parcela está amurallada con pedra e repoboada de piñeirais na parte máis afastada do edificio. A situación na que se atopa o edificio crea unha contorna moi agradable, cuberto por unha viña e cunha fonte de pedra enel extremo. A fachada principal do palacio presenta un corpo central e dúas torres de planta cuadrangular en cada extremo. Cara á parte posterior desenvólvese formando unha L resultado dunha ampliación arquitectónica, aínda que nun principio a estrutura debeu ser rectangular. Na fachada suroeste hai unha pequena terraza con balaustrada de pedra. O escudo, de seis divisións, situado entre dúas xanelas, atópase situado na fachada nordés do inmoble. No ornado deste emblema do século XVIII hai armas dos Luaces, unha lúa rodeada por cinco @estrella, dos Mosquera cinco cabezas de lobo, o ajedrezado dos Bermúdez e o cordeiro máis a bóla dos Bolaño, entre outros. A edificación ten sillares de granito, combinados con cachotería nalgunhas zonas. No extremo dun á, engadido á parte posterior, hai un patio no que parece ser que houbo unha torre. A construción orixinal eran dúas torres defensivas pero debido ás diversas incursións sufriron danos ata que se reconstruíron no século XVII uníndoas a través dun corredor e converténdose deste xeito nun palacio. Na parte superior estaban as cociñas, as habitacións e a biblioteca, e desde alí accedíase ao terreo por un fermoso solar que existe aínda hoxe en día. Debaixo estaban o lagar, as cuadras dos cabalos e a capela. Accedíase desde o primeiro piso por un patín que estaba na fachada principal. Tamén se conserva un patio interior, denominado patio de armas, onde nunha das paredes se instalou o escudo brasonado. Os encargados de levar a cabo esta obra foron os mariñeiros da comarca coa axuda dun construtor. A cociña garda certa similitude na súa propia construción coas pallozas dos Ancares, de forma redonda e cun ángulo semellante. Os materiais empregados para levar a cabo a obra son a pedra, o barro e as cunchas da ría. O palacio está cuberto de tella na actualidade. Este palacio atopábase deshabitado e case en ruínas na década de 1990, sendo rehabilitado a finais do século XX. Neste casal dos Hermida o historiador de Galicia Manuel Murguía, esposo da poeta Rosalía de Castro, constatou a existencia de fragmentos de ladrillos romanos, tellas e pedras que constituían o xacemento dun castro. Hai documentos que indican que este lugar debeu ser a residencia dun xefe na Idade Media. Cítase ao palacio de Hermida nun gran número de documentos medievais; aparece na lírica profana galego-portuguesa e tamén se menciona nas Cantigas de Santa María.[2]​ A construción orixinal eran dúas torres defensivas pero debido a diversas incursións, sufriron danos, ata que se reconstruíron no século XVII uníndoas a través dun corredor e converténdose deste xeito no palacio que é na actualidade. Antigamente na horta deste palacio había un frondoso madroño que viu como co paso dos anos formábase nel, a pouca altura do chan, un asento. Dise que era o lugar predilecto de Rosalía, desde o que admiraba a fermosura da paisaxe e no que concibiu cantares e poesías do seu cancioneiro. Tras a morte da súa nai en 1868, a poetisa galega, refuxiouse nas Torres de Lestrobe. En 1881 escribiu neste lugar Padrón e as inundacións e pénsase que tamén deu vida ou retomou no palacio obras como Follas novas, O primeiro tolo, Costumes Galegos, O Domingo de Ramos e Cartas a Murguía. Un dos propietarios deste palacio naquel entón, Gregorio Antonio de Hermida, estaba casado coa tía materna de Rosalía de Castro, sendo leste o motivo polo que o matrimonio pasou larngas tempadas en Lestrobe, convidados por José da Hermida, cuñado de Rosalía. En Lestrobe naceron os xemelgos Ovidio e Gala (Gala Branca Eleonora), fillos do matrimonio, o 2 de xullo do 1871. O 26 de marzo de 1930 celebrouse neste lugar o Pacto de Lestrove, promovido pola Organización Republicana Galega Autónoma, no que se asina a alianza das distintas forzas republicanas. José Vázquez Batalla, dono do palacio ofreceu a súa propia casa para celebrar os comicios clandestinos. Na reunión, á que acudiron representantes dos diversos partidos e agrupacións que compoñían o espectro republicano, acordouse a creación da Federación Republicana Galega. Unha anécdota que revela o entusiasmo republicano de Vázquez Batalla é que mentres se deliberaba serviu de vigía na torre do palacio para facilitar a fuxida aos montes do Barbanza se eran sorprendidos. No terceiro aniversario do pacto, xa en plena República, volveron reunirse case todos os asistentes, no mesmo lugar para ofrendar a Vázquez Batalla cun pergamiño en conmemoración da data daquel acto. O pergamiño, con bandeira republicana, consérvase no palacio de Hermida do mesmo xeito que a mesa onde se rubricou o pacto.
foto

Rúa e porta con sinais de canteiros

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta