Coordenadas 3758

Fecha de subida 14 de septiembre de 2017

Fecha de realización septiembre 2017

-
-
338 m
1 m
0
6,1
12
24,21 km

Vista 1313 veces, descargada 34 veces

preto de Baroña, Galicia (España)

Nesta páxina (http://portodoson.gal/rutas/) atopamos tódalas rutas oficiais existentes en Porto do Son. Picando co rato en cada unha, temos información detallada das mesmas incluído vídeo.

Nós facemos esta principalmente para acercarnos a visitar o Castro Baroña e Porto do Son.
Para elo, iniciámola no aparcadoiro existente diante da igrexa de San Pedro de Baroña.

En dous quilómetros xa nos atopamos co Castro, unha das maiores riquezas de Porto do Son, un poboado da idade de ferro que dataría do cambio de era entre os séculos primeiro antes de Cristo e primeiro despois de Cristo.

Seguimos a liña de costa pasando polas praias de Arealonga e Dique para logo cruzar o monte pasando polas aldeas de Goltar, Soares, Lavandeira e Udres. Esta sería o lugar mais alto desta ruta, sobre 350 m.

Chegados, todo polo monte, a Montemuíño iniciamos unha baixada que nos levará directamente a Porto do Son. Repoñemos forzas xantando no restaurante Porto Nadelas.

Pola tarde, os sete quilómetros que nos faltan , facémolo primeiro polo tramo existente do paseo marítimo que nos leva ata o final do mesmo. Despois cruzamos a estrada AC-550, para penetrar outra vez en pleno monte, e por pistas forestais logramos chegar ao inicio de esta ruta.

Bonitas vistas panorámicas. Un pouco de asfalto e moito sendeiro.

En todo o camiño atopamos marcas das rutas existentes pola zona, que como sinalei ao principio, figuran na páxina web. Nós esta facémola con GPS.

Non ten moita dificultade, os camiños están perfectamente adecuados para senderear sen problemas.

O tempo en movemento foi de 6 horas 17 minutos con unha media de 3,9 qm/h.

Ver más external

Waypoint

Capela Atalaia Porto do Son

Waypoint

Castro Baroña

Waypoint

Castro Baroña.

Waypoint

Castro Baroña..

Waypoint

Castro Baroña...

Waypoint

Castro Baroña....

Waypoint

Castro Baroña.....

Waypoint

Castro BAroña;

Waypoint

Homenaxe aos traballadores do Prestige

Waypoint

hórreo e apartamentos no paseo marítimo de Porto do Son

Waypoint

Hórreos

Waypoint

Igrexa San Pedro Baroña

Waypoint

INICIO igrexa de Baroña

N42.69910° W9.01681°
Waypoint

Monte Louro desde Porto do Son

Waypoint

Panel Castro Baroña

Waypoint

Panel Castro Baroña.

Waypoint

Panel Cruceiro dos Milagres.

Waypoint

panel informativo Miradoiro do Dordo

Waypoint

panel mámoas de Montemuiño

Waypoint

Panel Petróglifo de A Gurita

Waypoint

panel rutas Montes Enxa e Dordo

Waypoint

Panel rutas senderismo Porto do Son

Waypoint

Paseo marítimo Porto do Son

Waypoint

Peto de ánimas

Waypoint

Petróglifos de A Gurita

Waypoint

piñeiros

Waypoint

Porto do Son

Waypoint

Praia Arealonga1

Waypoint

Praia de Baroña1

Waypoint

Resina do piñeiro

Waypoint

Restaurante Portonadelas

Waypoint

Vista de Porto do Son

Waypoint

Vista panorámica

Waypoint

vista panorámica en Porto do Son

Waypoint

Vista panorámica mar

Waypoint

Vista panorámica Monte Louro ao fondo

Waypoint

vista panorámica paseo

Waypoint

Vista panorámica desde paseo marítimo

Waypoint

área de lecer

1 comentario

  • Tinogallego 25-sep-2017

    Muy bonita ruta José Luis, abrazo y a continuar disfrutando.

Si quieres, puedes o esta ruta