Descargar

Lonxitude

3,82 km

Desnivel positivo

69 m

Dificultade técnica

Fácil

Desnivel negativo

69 m

Altitud máxima

550 m

Trailrank

19

Altitud mínima

473 m

Tipo de ruta

Circular

Tiempo en movimiento

16 minutos

Tempo

19 minutos

Coordenadas

396

Fecha de subida

15 de mayo de 2021

Fecha de realización

mayo 2021
Sé el primero en aplaudir
1 comentario
Compartir
-
-
550 m
473 m
3,82 km

Vista 21 veces, descargada 0 veces

preto de Meira, Galicia (España)

Roteiro infantil Avelino Díaz
Punto de información

Punto de información

Oficina de turismo ( praza da Iglesia) "" Medo "" Tiven polo mundo adiante - moito medo a me perder - e, cando me tope en meira, - non terei medo a morrer - - Avelino Díaz
Monumento

Monumento

""Meira "" O gurgullante e craro Miño, - na serra escomenzando sua carreira, - vai bicando o belido chán de Meira - ó seguir, car-ó mar, o seu camiño. - - A vila, branca pomba que ten niño - no xardín arumoso da ribeira - Frolecida –perenne primaveira-- asemella de céio un anaquiño. - - - E dos ollos ledicia, asi enxoiada - e feiticeira vila, coroada - Pol-o vello campario do mosteiro. - Dalle a serra seu marco de grandeza - I-avalora, na praza, a sua nobreza - a maxestá sinxela d-un cruceiro.- - Avelio Diaz
Waypoint

Waypoint

O cruceiro situado fronte a Casa na que Avelino pasou os anos en Meira. Avelino viviu na Órrea, no seo dunha familia labrega moi humilde ata os dez anos, cando nai e fillo trasladaron a súa residencia á veciña localidade de Meira, "Romance das sete casas " "Sete casas tiña o pobo - sete casiñas lanzals; - era unha soila familia - vivindo n-aquel lugar". - - "Eran ditosas as xentes - nunh-a feliz irmandá: - non sentian desacougos, - adicabanse a labrar - as terras, gardar os eidos - co anceio de mellorar - decote as sagras herdencias - que lles deixaran seus pais. - - sete casas tiña o pobo, - sete casiñas lanzals - donde o vivir refrexaba - compreta felicidá - Eran as sete colunas - D-unha nacionalidá - que natureza quixera - facer difrente das máis, - hastra na fala, e costumes - do seu vivir cotidián. - - Avelino Díaz ""Fogar "" Garabullos e toxos a queimarase no lume; - na garmalleira, un pote onde ferve o xantar, - longainzas e androllas penduradas no cume - do cainzo; unha dona, branco liño a fiar. - - Un neno que lle proen os olliños co fume - namentras aconchega as muxicas do lar - e o falar amodiño, como quen di, un queixume - dun velliño tulleito que se está a quentar. - - Tras dos tizóns, sen medo a se queimar, un gato - deitado. Canta un grilo metido no burato - que ten entre a quentura das pedras da lareira. - - Inquedo pola nai, brúa un xato vermello, - mais logo, resignado, dentro do seu cortello, - come unha presa de herba que ten na cambeleira.- Avelino Diaz
Fuente

Fuente

""A fonte dos frades "" Preto d-unhos árbres, - por entr-unhas penas - nace unha fontiña - gorgullante e leda - e donanlle o nome de “ Fonte dos frades” - Po-a terra aquela. - - P sair a iauga - crara e cantareira, - vaise, paseniño - Pol-a carballeira, - e mesmo semella que se vai cantando - unha copra tenra. - - As herbas i-as frores - medran carón d-ela; - non vrau ten friaxe, - no inverno é tépeda - I-o espello da fonte, pol-as noites craras - a lua refrexa. - Atópase preto - Do “ Zarro de Pértega” - Cando eu era neno - dixéronme as vellas - que os frades de meira, nas noites caladas, - viñan xunto d-ela. - - Alí, congregados - do regato a veira, - falaban de cousas - do ceio e da terra - I-o irse de volta, pr-as celdas escuras - iban en ringleira - - Se, o vir os rapaces - D-algunha espadela - ollaban os frades - ir pol-a carreira - fuxían decindo “ es-é a Compaña, - deus nos libre d-ela” - - Desde entón a-gora - as xentes de meira - teñen na memoria - esta antiga lenda; - por elo lle chaman a “ Fonte dos frades” - a fontiña aquela. - - I-eu aunque son vello - I-os anos me pesan, - decote me lembro - que me deu, as cheas, - unha mañán, cedo, pretiño da fonte - un bico a Sabela. -- Avelino Díaz
Sitio relixioso

Sitio religioso

Igrexa de Paredes/ Casa grande de Paredes ------ ""As xestas "" ¡Teño unha fonda tristura. - teño ganas de chorar ! - Hoxe tiven desacougos - ó ver xestas n-este chan. - - ¡Que relembros me viñeron, - que deseios de voltar - outravez á terra miña - ver xesteiras e toxals ! - - ¡ Xesteiras de Santacomba, - codeseiras dos Xuncás, - queirogales de Candedo, - toxales de valdacal ! - - ¡ Xesteiras de Santacomba, - silveiras de Lodás - fieiteiras de Paredes, - xungueiras de Fumiña ! - - ¿ Ai, cousas da miña terra, - quén vos poidera mirar ! - ¡ Ai, tempos que se me foron ! - ¡ Galicia ! ¡ Que lonx-estás - - Avelino Díaz
Fuente

Fuente de Paredes

""¡SABELIÑA! "" N-un anoitecer de lua, - meu doce amor, eu quixera - toparme contigo. sola, - na fontiña cantareira. - Quixera toparte sola - pra decirche, mina estrela, - que teno sede na alma - e no corazón fogueira. - - Mentres o pipelo - canta sua canzón - i-as campás da Irexa - tocan a oración. - En tanto que o vento - marmula o redor - eu direiche as penas - do meu corazón.- - S-a iauga do teu querer - ¡ ai Sabeliña!, me negas - mellor quero non toparte - na fontina cantareira. - Mellor que á fonte non vaias - e que eu non te tope n-ela - se teu amor non ten auga - pr-afogar as minas penas. - - Entón, feito pingas, - quixera marchar - co ledo regato - camiño do mar. - Despois, en orvallo, - xunt-a ti voltar - en perlas brilantes - pra te coroar. - - Avelino Díaz
Waypoint

Lavadoiro das casas Novas

Z E J-E L, Agalicia ll-hei contar- con verbas de namorar- . A Galicia cantarei,- o meu amor lle direi- i-amante fidel serei.- En proba de ben amar- A Galioia lI-hei canta- con verbas de namorar- - A Galicia, meu amor,- direi meu verso mellor- e serei seu trovador .- Preto e lonxe do seu lar- A Galicia ll·hei cantar- con verbas de namorar.- - A Galicia li-hei querer- como a garrida muller- i-amor grande ll-hei de ter.- No seu mimoso falar- A Galiciall-hei de ter - con verbas de namorar- - ' A Galicia teño lei, - parolas do amor que sei- pra ela prenunciarei.- Pra meu amor lle mostrar- A. Galicia ll-hei cantar- con verbas de namorar- - De Galicia namorado- topareime ben pagado- se n-ela son enterrado.- Pra tal sorte recadar- A. Galicia lI-hei canta- con,verbas de namorar- - Avelino Díaz.

1 comentario

  • Azucena Gavin 16 may. 2021

    Ruta "" Andainas con Avelino Diaz " dedicada a sua poesia e amor por Galicia.
    Coa esperanza de que algun dia a acadelia o recoñeza cun dia das letras galegas.

Si quieres, puedes o esta ruta