Coordenadas 1326

Fecha de subida 1 de diciembre de 2015

Fecha de realización noviembre 2015

-
-
632 m
230 m
0
3,6
7,1
14,29 km

Vista 2056 veces, descargada 74 veces

preto de Augasmestas, Galicia (España)

Esta ruta polo concello de Ribas de Sil recorre unha zona que en parte pertence a Rede Natura Ancares-Courel, transcorrendo por medio de soutos, vellos camiños arrincados na lousa e polas beiras do río Sil.

Ten o seu comezo na aldea de Castro de Abaixo, preto de Augasmestas, onde o Lor verte as súas augas no Sil, e polo Camiño Sur ou Camiño de Inverno de Santiago atravesamos centenarios soutos ata acadar a aldea de Torbeo (nun curto desvío da ruta pódese ver a súa igrexa románica).

Desde aquí baixamos por un vieiro que foi esculpido na pedra e polo que transitaba a mercaduría con Castela, salientando a Pedra Tallada, onde a lousa a arrincar para facer o paso foi notable. As vistas son de pararse e albiscar alá embaixo o meandro d´A Cubela cun río Sil que cambia o seu sentido nas augas.

Na fermosa aldea d´A Cubela os romanos explotaron os xacementos auríferos coa técnica de "ruina montium" escavando no terreo unha rede de túneis polos que facían correr a auga que terminaba derrubando o terreo, sendo os restos conducidos as canles de lavado e escolleita.

Río enriba, polas beiras do Sil, atoparemos bosques de influencia mediterránea como son os formados por sobreiras, érbedos e aciñeiras. Saímos, pechando o círculo, en Castro de Abaixo e de aquí a Augasmestas, onde iniciamos o percorrido.

O sendeiro está sinalizado e homologado como PR-G 180.

Ver más external

  • Foto de A Cubela
  • Foto de A Cubela
  • Foto de A Cubela
  • Foto de A Cubela
  • Foto de A Cubela
Pequena aldea no concello de Ribas de Sil.
  • Foto de Aciñeiral 1
Pequeño bosquete de aciñeiras.
  • Foto de Aciñeiral 2
  • Foto de Aciñeiral 2
Pequeño bosque de aciñeiras nas beiras do río Sil.
  • Foto de Aldea de Souto
Pequena aldea situada entre Castro de Abaixo e Torbeo.
  • Foto de Camiño 1
Camiño Sur ao seu paso pola aldea de Souto.
  • Foto de Camiño 2
  • Foto de Camiño 2
Camiño que baixa de Torbeo ata A Cubela.
  • Foto de Camiño 3
  • Foto de Camiño 3
  • Foto de Camiño 3
  • Foto de Camiño 3
  • Foto de Camiño 3
  • Foto de Camiño 3
Camiño entre A Cubela e Castro de Abaixo, pola beira do río Sil.
  • Foto de Camiño de Santiago
Camiño Sur ou Camiño de Inverno ao seu paso por Torbeo, Ribas de Sil.
  • Foto de Camiño Sur
Camiño Sur ou Camiño de Inverno ao seu paso por Torbeo.
  • Foto de Capela San Isidro
Ermida na aldea de Castro de Abaixo.
  • Foto de Capela Santo Antonio
Ermida na aldea de A Cubela.
  • Foto de Castro de Abaixo
  • Foto de Castro de Abaixo
  • Foto de Castro de Abaixo
Aldea do concello de Ribas de Sil.
  • Foto de Comezo A Cubela
Punto de inicio do sendeiro, en Augsmestas.
  • Foto de Congostra
Camiño en Torbeo.
  • Foto de Erbedal
  • Foto de Erbedal
  • Foto de Erbedal
Pequeno bosquete de érbedos.
  • Foto de Igrexa Santa Maria
  • Foto de Igrexa Santa Maria
Igrexa románica en Torbeo.
  • Foto de Miradoiro 1
Miradoiro n´A Cubela sobre o río Sil.
  • Foto de Miradoiro 2
Miradoiro sobre o Sil en Augasmestas.
  • Foto de Miradoiro de Louxoá
Miradoiro sobre o meandro d´A Cubela.
  • Foto de O Barrio
Núcleo rural en Torbeo.
  • Foto de O Outeiro
Barrio en Torbeo.
  • Foto de Palleira
Palleira na aldea d´A Cubela.
  • Foto de Pasarela
Paso de madeira para salvar o rego de Lousedo.
  • Foto de Pena Tallada
  • Foto de Pena Tallada
Camiño aberto na lousa.
  • Foto de Rio Sil
  • Foto de Rio Sil
Afluente do río Miño ao que aporta maior caudal. Nace na provincia de León e pasa polas de Ourense e Lugo.
  • Foto de Sequeiro
  • Foto de Sequeiro
Caseto para o secado das castañas.
  • Foto de Souto
  • Foto de Souto
  • Foto de Souto
  • Foto de Souto
Bosque de castaños por riba da aldea de Castro de Abaixo.
  • Foto de Torbeo
  • Foto de Torbeo
  • Foto de Torbeo
Parroquia de Ribas de Sil. No pasado foi concello propio.
  • Foto de Vista viñedos
  • Foto de Vista viñedos
Vistas sobre os viñedos nas beiras do río Sil.
  • Foto de Vistas
Vistas panorámicas sobre o río Sil e a aldea d´A Cubela.
  • Foto de Vistas meandro
  • Foto de Vistas meandro
  • Foto de Vistas meandro
Vistas sobre o meandro que fai o río Sil a altura da aldea d´A Cubela.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta