Tiempo en movimiento  unha hora 32 minutos

Tempo  2 horas 27 minutos

Coordenadas 1083

Fecha de subida 9 de agosto de 2019

Fecha de realización agosto 2019

-
-
525 m
244 m
0
1,5
3,1
6,19 km

Vista 208 veces, descargada 6 veces

preto de Santiorxo, Galicia (España)

Ruta da Empardeada.
foto

Comezo

Ruta de ida e volta, pola ribeira con maior concentración de vexetación mediterránea da contorna. De ida e volta, coa intención de facer que nun futuro se faga circular. Mellor dito, co propósito de facermos varias circulares por esta nosa ribeira e parroquia de Barantes, que no Catastro de Ensenada dedicaba a viña o 5,55% das fincas declaradas. Case nada.
foto

Cara ao castro

A uns vinte metros do inicio, comeza a subida ao Castro de Vilanova.
foto

Ao pé do castro

Neste punto, temos que subir polo camiño da dereita. A uns vinte metros de ascensión, na aba do castro, á nosa esquerda, hai unha zona de alvarizas. Posiblemente se aproveitaron as pedras das murallas derruídas para a súa contrución.
foto

Panel do Castro de Vilanova

Xusto en fronte del, a muralla caída cara ao foxo. Para accedermos á coroa, quince metros máis adiante, torcemos á esquerda.
foto

Desde a entrada do castro

Por aquí entrábase co carro a facer os labores propios dunha devesa, que é ao que últimamente se adican estas fincas. Des aquí, unha das vista máis amplas do río. Para que miradoiros outros!
foto

Na coroa

Un castro modesto en dimensións pero non tanto como desde fóra semellaba. Vesa con claridade a muralla e mesmo nela, ne coroa, chegaron a se construír alvarizas.
foto

Cara á Empardeada

Volvemos ao camiño principal e, cun enorme acivro en fronte, cara á dereita continuamos a ruta.
foto

A Barrionca

Lugar este no o camiño se bifurca. Á esquerda iriamos cara ao Bacelo de Baixo e Leiredo. Por este punta baixan as augas do Cardo, lugar de auga abundante á altura do Castro, pola parte norte.
foto

O Bacelo de Riba

foto

Entre a Viña Vella e os Groís-1

Á esquerda, ao fondo, Rabacallos, Purdeus; na parte máis alta do canón, Cadeiras por Sober e os Balcóns de Madrid pola parte de Parada de Sil.
foto

Entre a Viña Vella e os Groís-2

Seguindo o curso do río, a Meda, Santa Cristina, Vilouxe e os soutos interminables da ribeira ourensá.
foto

Os Groís

Unha caída de uns cincuenta metros, á que non é recomendable alongarse, e, na aba da ribeira de Barantes, bosques de sobreiras e aciñeiras.
foto

Regato da Bemposta

No verán no leva auga. Algunha aínda pode ruxir polos profundos. Pero a fontela que hai no cima si que era un maná para os que chegaban ao colado por ese lugar.
foto

Seguimos cara á Empardeada

De fronte, camiño traveseiro que nos leva á Empardeada, o Marcozón, o Souto Vello,...
foto

Ao pé da Rega da Lama

Na parte alta, había -e hai- auga e viñas (estas xa non).
foto

A Empardeada

A viña do Xordo da Riba. A última que se traballo nesta ribeira de paredes longas e rexas. Pouca terra, moito sol, calor e as mellores uvas.
foto

A fontela da Empardeada

Unha regalía para o bico. Seguro que algo resecos o labios pola andaina.
foto

O Marcozón ou Marcozó

Pendentes de establecer os termos da dúbida. As falas discorren alternativas. Pero o que sí en un engado para os sentidos é o marco. É a estrema entre Barantes e Bolmente. Deste lado a Empardeada (a última viña a da Lama, que nove arcas de uvas daba polo visto); do outro o Souto Vello. Nomes diáfanos pero portadores de viños escollidos e lembrados pola súa calidade.
foto

Camiño da barca

Baixaremos ao Sil por onde se embarcaban as burras coas roscas do Benito da Somoza, en canastras, para ir á feira de Parada, ou tamén se traía o gando de Caldelas. Bravo para ser amansado en Lemos.
foto

Embarcadoiro e chabola

Xa sabemos que non é peirao, nin embarcadoir, nin sequera pantalán, pero fai (facía) de punto de embarque e desembarque. A chabola estaba de antes de traer para aquí as barcas, que se trouxeron coa creación das represa de Santo Estevo. Antes a barca tiña a base no retado da Somoza, unha miga máis arriba.
foto

A Via Vella

Igual ao baixarmos non paramos na Viña Vella. Velaquí e, ao fondo, Leiredo.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta