Descargar

Distancia

18,23 km

Desnivel positivo

445 m

Dificultade técnica

Moderado

Desnivel negativo

428 m

Altitud máxima

442 m

Trailrank

26

Altitud mínima

15 m

Trail type

Solo ida
  • Foto de Ruta da Pedra e da Auga 24/01/2016 CDF

Coordenadas

1374

Fecha de subida

23 de noviembre de 2017

Fecha de realización

junio 2015

Búsqueda por Zona de Paso

Encuentra rutas que empiecen o pasen por zonas concretas que tú elijas.

Pásate a Wikiloc Premium Pásate a Premium para eliminar los anuncios
Búsqueda por Zona de Paso Búsqueda por Zona de Paso
Sé el primero en aplaudir
Compartir
-
-
442 m
15 m
18,23 km

Vista 71 veces, descargada 2 veces

preto de Covas, Galicia (España)

RUTA DA PEDRA E DA AUGA RIO SAN MARTIÑO­ MEIS
24 de Xaneiro de 2016

guías: Juan V. / Javier S.

Saída 9:00 Fontiñas - 9:15P.Vigo
Circular: Oficina municipal
de turismo de Ribadumia
Percorrido: 18 km

A ruta transcorre entre os concellos de Ribadumia e Meis, iniciándoa por un carreiro de area paralelo ao río Armenteira. Veremos os primeiros muíños e algún que outro lavadoiro, cruzando por baixo da autovía de O Salnes onde se unen os ríos Armenteira e San Martiño. Continuamos ata a igrexa de San Martiño que se atopa no antigo camiño de Santiago. Merece a pena ver dous cruceiros que quedan dun Vía Crucis do século XVIII, un panteón aéreo, un reloxo de sol e un sartego en pedra dun antigo cemiterio medieval. Tamén chegaremos á igrexa de San Salvador. Seguimos por distintos camiños ata un carreiro onde empeza unha longa subida paralela ao río, remontando cara ao monte Castrove, desde onde poderemos contemplar as rías de Arousa e Pontevedra. A baixada levaranos ata a abadía cisterciense de Santa María de Armenteira, do século XII, habitada por unha comunidade de monxas da orde de San Bernardo, podendo visitar o mosteiro e o seu claustro. Seguiremos baixando paralelos ao río Armenteira, por un carreiro con máis de 50 muíños, algúns totalmente abandonados, e mesmo un serradoiro movido por auga, tomando aquí total protagonismo a natureza. É un dos tramos mais bonitos da ruta, con pequenas fervenzas, rápidos... Chegaremos ata a "Aldea Labrega", lugar turístico con representacións en pedra de elementos típicos dunha aldea, como un carro, forno, capela, animais e persoas. E de aí, ao final da ruta.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta