Tiempo en movimiento  unha hora 43 minutos

Tempo  5 horas 17 minutos

Coordenadas 1615

Fecha de subida 18 de febrero de 2018

Fecha de realización febrero 2018

-
-
352 m
90 m
0
2,6
5,3
10,53 km

Vista 102 veces, descargada 2 veces

preto de Barrantes, Galicia (España)

Fermosa ruta polas beiras do río da Armenteira. Baixo a cuberta dunha frondosa vexetación, atópanse unha gran cantidade de restos de muiños en distinto estado de (non) conservación. Hai tamén pontóns e pontellas, varias áreas de lecer (con sevizos incluídos) e mesmo unha "curiosa" mostra escultórica de tipos e elementos "típicos galegos".... Como remate do recorrido de subida pódese contemplar o mosteiro da Armenteira: igrexa e claustro. A carón hai bares/restaurantes para repoñer enerxías cun xantar ou simplemente gozar dunha bebida cunha tapa xenerosa. Só queda desandar o camiño ata o punto de inicio.
A ruta non ten perda; está sinalizada e o traxecto perfectamente marcado polo tránsito de persoas que a percorren.
Non é especialmente esixente. Hai que ter conta de non esvarar no chan mollado (moitas rochas). O lóxico...
Moi recomendable para épocas en que o regato leve unha boa cantidade de auga com pode ser a primavera, pero pode estar tamén moi fermosa a paisaxe no verán ou no outono. En inverno, tén a favor o estar resgardada dos ventos.
Aquí hai servizos

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta