Tempo  5 horas 42 minutos

Coordenadas 3259

Fecha de subida 20 de febrero de 2014

Fecha de realización febrero 2014

  • Valoración

     
  • Información

     
  • Fácil de seguir

     
  • Entorno

     
-
-
492 m
10 m
0
5,1
10
20,47 km

Vista 2851 veces, descargada 78 veces

preto de Covas, Galicia (España)

Combinamos dúas rutas curtas: a ruta da Pedra e da Auga (PRG 170) e a ruta do río San Martiño (PRG 171).
Esta ruta pode disfrutarse en calquera época do ano, pero cadrounos en febreiro e tras dous meses de chuvia continuada... impresionante a cantidade de auga que levan estes ríos, a forza coa que baixa...
A ruta da Pedra e da Auga comeza na rotonda de Barrantes e transcorre á beira do río Armenteira. Abundan os muíños, varios deles restaurados, e un par de quilómetros do comezo atopamos unha zona de esparexemento con merendeiro e cunha "aldea labrega", unha curiosidade para os cativos, na que se reproducen a capela, o lavadoiro, o forno, algúns aldeáns e mesmo un caganet deses... seica o autor tampouco puido fuxir desa moda de meter un cagón no medio de calquera paisaxe tradicional... sen máis comentarios.
A partir desa aldea labrega a ruta é preciosa e non ten desperdicio. Unha ascensión moi suave lévanos, de muíño en muíño e gozando do ímpetu da auga que semella querer chegar ao val canto antes, até o mosteiro da Armenteira.
A uns cen metros do mosteiro atopamos o panel informativo da PRG 171. Aquí optamos por continuar seguindo a proposta de Sudandobotas (http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=1670712) e desviámonos durante uns quilómetros da ruta marcada, pensando que a ascensión nos levaría a algún miradoiro sobre a ría de Arousa, mais enganámonos. Cremos que non paga a pena desviarse e de facer de novo esta ruta seguiriamos as marcas do PRG 171 sen dubidalo (un campo de golf e un curro non xustifican o desvío).
Tras uns quilómetros atopamos o río San Martiño, con moito menos caudal que o Armenteira pero que descende salvando maiores desniveis. Probablemente no verán vaia case seco, mais en tempo de chuvia é realmente espectacular como baixa saltando as pedras. Tamén atopamos varios muíños e o contorno do chamado muiño do Cubo é ben bonito.
A ruta perde algo de encanto a partir da igrexa de San Salvador de Meis, pero segue a ser agradable posto que practicamente non hai que pisar asfalto e o río volve acompañarnos.
Moi recomendable.
Xunto á rotonda de Barrantes.
Parte do río máis próxima ao mosteiro
Conflúen a ruta da Pedra e da Auga e a do río San Martiño
Campo de golf Monte Castrove
Curro de San Ramón. A Escusa

2 comentarios

  • rafagar 30-ago-2016

    He realizado esta ruta  ver detalle

    Son dos buenas rutas unidas, pero el paso de una ruta a otra afea el resultado.
    La subida a A Escusa es feo y la bajada hasta el río San Martiño estaba inundada de zarzas.
    Además el día que la hice había una batida de jabalíes. No me gusta caminar entre gente armada con escopetas.

  • Foto de Xoanzinho

    Xoanzinho 30-ago-2016

    Estou bastante de acordo contigo en que a transición dunha ruta á outra non é gran cousa, pero poder combinar as dúas rutas si que produce un resultado ben interesante. En canto aos cazadores, coincido plenamente.
    Grazas polos teus comentarios e por valorar a ruta, rafagar.

Si quieres, puedes o esta ruta