-
-
975 m
630 m
0
3,6
7,1
14,25 km

Vista 1358 veces, descargada 13 veces

preto de Airoá, Galicia (España)

Saímos da Ponte de Doiras por un camiño que parte a dereita logo de cruzalo río. O camiño comeza a ascender cara Ferreiradeves, durante este recorrido gozaremos das fermosas vistas do Castelo de Doiras a man esquerda. Chegamos a Vilar de Ferreira e continuamos ata Ferreiradeves. Pasamos o pobo ata o primeiro cruce onde sae un camiño que nos leva ata a Fonte Cavada onde seguimos polo camiño dos Formigueiros ata Vilaspasantes. Logo baixamos cara As Covas cruzando o Rego do Fontal pasamos polos Campeliños vamos ata o teso San Martín e seguimos ata As Covas. Alí cruzámolo río do Toural e comezámolo ascenso ata o Gumieiro. Continuamos por xunto a fonte seguindo pola Pena dos Palleiros, baixando ata a estrada Ambasmestas – Pontes de Gatín pola cal seguimos baixando ata Doiras.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta