jsmal
  • Foto de Ruta da Ribeira e Lostegal ampliada.
  • Foto de Ruta da Ribeira e Lostegal ampliada.
  • Foto de Ruta da Ribeira e Lostegal ampliada.
  • Foto de Ruta da Ribeira e Lostegal ampliada.
  • Foto de Ruta da Ribeira e Lostegal ampliada.
  • Foto de Ruta da Ribeira e Lostegal ampliada.

Tempo  8 horas 35 minutos

Coordenadas 3757

Fecha de subida 31 de diciembre de 2017

Fecha de realización diciembre 2017

-
-
676 m
326 m
0
6,4
13
25,71 km

Vista 65 veces, descargada 3 veces

preto de As Pontes de García Rodríguez, Galicia (España)

Comezamos a ruta na presa, ó lado do clube de piragüismo. Seguimos a ruta marcada como PR-G 147 que recorre as fragas próximas ó embalse e un pouco antes de chegar ós eólicos desviámonos para realizar a segunda parte da ruta. Amplíase baixando polo Rego do Campo da Meda, o camiño de acceso está limpo. Logo enlazamos outra vez co río Eume ata que cruzamos o Rego da Campeíña. Agora hai unha ponte, antes había que cruzar descalzándose. O camiño continúa preto deste rego hasta que enlaza co Rego da Carballeira. Seguimos a ruta hasta chegar outra vez aos eólicos. Hasta aquí as rutas están ben marcadas, tanto a PR-G 147 (coas cores oficiais de PR) como a ampliación, que acostuma a estar marcada con puntos azuis e brancos. Preto da antena que se atopa no monte dos eólicos saímonos das rutas marcadas para coller un sendeiro que baixa polo rego da Carballeira. Este rego vímolo ó comezar a ruta e déixanos outra vez na ruta PR-G 147 xa preto da presa. Este atallo está un pouco cerrado ó principio con monte baixo, pero o camiño distínguese e a ós poucos metros volvemos a entrar nun sendeiro de fraga claramente visible. É unha ruta moi bonita que vai enlazando ribeiras de varios ríos. Case sempre vamos rodeados de fragas cerradas de monte autóctono cunha gran diversidade de musgos, liques e fentos. Moitos tramos, sobre todo en inverno poden ser moi esvaradizos, convén ir con coidado.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta