Tempo  4 horas 38 minutos

Coordenadas 2392

Fecha de subida 1 de junio de 2019

Fecha de realización junio 2019

-
-
884 m
643 m
0
3,8
7,5
15,09 km

Vista 21 veces, descargada 0 veces

preto de Soutochao, Galicia (España)

La intensa relación de Vilardevós con el contrabando, a través de su solitaria y agreste frontera con Portugal (A raia), identifica el principal patrimonio de este municipio con una naturaleza de montaña que lo domina casi todo. Las Rutas del contrabando.
Ganado, vino, sal y harina fueron durante mucho tiempo ejes destacados de esta actividad. Durante la posguerra española, debido al desabastecimiento. Café, bacalao, azúcar, cobre y tabaco estaban entre los productos más rentables. Terminó con la apertura comercial de las fronteras europeas en los años ochenta. El municipio de Vilardevós cuenta con tres rutas turístico y culturales dedicadas al contrabando. Dos parten de Vilardevós capital (rutas de A raia y de A serra) y la tercera de Soutochao (ruta de la Tierra de Arriba). Las tres son de recurrido circular.
Nuestro objetivo en el día de hoy fue la Ruta de la Tierra de Arriba, realizada en sentido contrario a las agujas del reloj.
Iniciamos el recorrido según las indicaciones del Concello de Vilardevós en el pintoresco pueblo de Soutochao. Ya de mañana con un calor de justicia.
El punto más representativo de este recorrido está en torno a la Cidadella, el área recreativa y la cascada de A Cidadella.
Próximo al contorno de este paraje de A Cidadella está la frontera con Portugal. Recorremos las orillas del Regato Pontón que nos llevará a la cascada del mismo nombre que podremos admirar desde distintos miradores naturales y movernos por puentes de madera. Bonito lugar.
Una señora de Soutochao nos preguntó por nuestro destino. - Vamos a la cascada-. Su respuesta con retranca: “Do feo que é ese lugar hasta perece bonito”
En las tierras altas de Vilardevós hay numerosas plantaciones de castaño, óptimas para la producción de castañas de muy buena calidad al igual que las del concello de Riós.
Pasamos al lado de Tomonte que pertenece a la parroquia de Soutochao para seguir destino a San Bartolomé de Berrande. Se puede visitar el templo de San Bartolomeo, construido en 1792 con una torre campanario de tres cuerpos y balconada de piedra cubierta y una cúpula de piedra y una cruz de hierro.
Regresamos a Soutochao por caminos amplios, consecuencia de la concentración parcelaria, observando muchas fincas con plantaciones de castaños.
Un poco más de 15 kilómetros un poco incómodos por el calor sofocante.
---------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
A intensa relación de Vilardevós co contrabando, a través da súa solitaria e agreste fronteira con Portugal (A raia), identifica o principal patrimonio deste municipio cunha natureza de montaña que o domina case todo. Os Roteiros do contrabando.
Gando, viño, sal e fariña foron durante moito tempo eixos destacados desta actividade. Durante a posguerra española, debido ao desabastecemento. Café, bacallau, azucre, cobre e tabaco estaban entre os produtos máis rendibles. Terminou coa apertura comercial das fronteiras europeas nos anos oitenta. O municipio de Vilardevós conta con tres roteiros turístico e culturais dedicadas ao contrabando. Dous parten de Vilardevós capital (roteiros da raia e da serra) e a terceira de Soutochao (roteiro da Terra de Arriba). As tres son de recorrido circular.
O noso obxectivo no día de hoxe foi o Roteiro da Terra de Arriba, realizada en sentido contrario ás agullas do reloxo.
Iniciamos o percorrido segundo as indicacións do Concello de Vilardevós no pintoresco pobo de Soutochao. Xa de mañá cunha calor de xustiza.
O punto máis representativo deste percorrido está ao redor da Cidadella, a área recreativa e a fervenza da Cidadella.
Próximo ao contorno desta paraxe da Cidadella está a fronteira con Portugal. Percorremos as beiras do Regato Pontón que nos levará á fervenza do mesmo nome que poderemos admirar desde distintos miradoiros naturais e movernos por pontes de madeira. Bonito lugar.
Unha señora de Soutochao preguntounos polo noso destino. - Imos á fervenza-. A súa resposta con retranca: “ Do feo que é ese lugar ata perece bonito”
Nas terras altas de Vilardevós hai numerosas plantacións de castiñeiro, óptimas para a produción de castañas de moi boa calidade do mesmo xeito que as do concello de Riós.
Pasamos á beira de Tomonte que pertence á parroquia de Soutochao para seguir destino a San Bartolomé de Berrande. Pódese visitar o templo de San Bartolomeo, construído en 1792 cunha torre campanario de tres corpos e balconada de pedra cuberta e unha cúpula de pedra e unha cruz de ferro.
Regresamos a Soutochao por camiños amplos, consecuencia da concentración parcelaria, observando moitas leiras con plantacións de castiñeiros.
Un pouco máis de 15 quilómetros un pouco incómodos pola calor sufocante.

Ver más external

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta