Coordenadas 230

Fecha de subida 26 de marzo de 2017

-
-
280 m
145 m
0
2,8
5,6
11,23 km

Vista 1103 veces, descargada 36 veces

preto de Portor, Galicia (España)

O roteiro circular transcorre polos escenarios das batallas de Ponte Maceira e Altamira. Comeza en Ponte Maceira e pasa polos lugares de Suevos, Trasmonte, Leboráns, Carballo (Mar de Ovellas). Portanxil, Leboráns e o lugar da Torre, onde se atopan as Torres de Altamira .
Enlaces : http://historiadegalicia.gal/2017/03/ponte-maceira-historica-ponte-que-viviu-batallas-medievais-na-procura-bic/ http://patrimoniogalego.net/index.php/3128/2011/07/a-ponte-maceira/ Está documentado na idade media un porto húmido, ou lugar por onde se pasaba o río Tambre . Un mosterio co nome de Portus Hodorii está referenciado no 1162, e sería hoxe o lugar de Santa María de Portor (Negreira), a pouca distancia deste lugar. Esta igrexa é de estilo románico e conserva capiteis románicos no interior e contrafortes e canzorros no exterior. A ponte foi construída no século XIV por petición da Mitra Compostelá e reformado no XVIII. Permitía cruzar o Tambre dende Santiago cara ás terras noroccidentais de Galicia. Ten tramo principal de cinco arcos feitos de sillería granítica sendo o central máis grande e apuntado. Segundo algúns historiadores, poderían ser empregados os piares dunha ponte de época romana para esta nova construción. Forma parte da ruta xacobea cara á Fisterra. Unha das batallas que tivo lugar en Ponte Maceira foi entre os homes de Pedro Froilaz (1075-1128) e os do Arcebispo Xelmírez (1068-1140) segundo o descrito na Historia Compostelana (redactada entre os anos 1107-1149) : “…Por este tempo o conde Pedro, aio do rei, cos seus fillos Bermudo e Fernando e os seus auxiliares, molestaba a Compostela e asaltaba frecuentemente os homes e os gandos. Unhas veces saía ben, outras dáballe as costas ás frechas, segundo as vicisitudes da guerra. Como o pasou en Ponte Maceira, e os moitos homes e armas que perdeu, sería longo de contar…”. Pois o mencionado bispo que en tempos de paz ocupábase dos negocios eclesiásticos, cando viu que a súa cidade e os seus arredores eran molestados e saqueados, considerou convinte defender o señorío de Santiago coas armas”. A Ponte Maceira, sobre o río Tambre, era naquela época a fronteira que delimitaba os señoríos do conde de Traba e o bispo Xelmírez. A outra batalla foi no 1471 cando no segundo ataque as torres de Altamira, polo exército de Fonseca II, o capitán maior de Lope de Moscoso, García Martiz, foi reunir homes ás terras de Trastámara, ao norte e da outra banda do Tambre, para axudar ao seu señor a defender Altamira. Avisado polos seus espías Luís de Acevedo, capitán do arcebispo, que participaba tamén no asedio as torres, cun pequeno exército foi a esperalo a Ponte Maceira. Na contenda case matan a García Martiz e a situación era favorable ao de Acevedo, pero este tivo que saír en apoio do seu irmán, o arcebispo, pois o grande exército de Moscoso xa chegara ao campamento que cercaba Altamira e facíano fuxir cara a Padrón. Non deu chegado a tempo Luís de Acevedo e retirouse el mesmo cara a Santiago para tentar salvar o que quedaba do seu exército. Unha lenda relacionada coa ruta xacobea a Fisterra “Contan que a ponte se derrubou cando os soldados romanos perseguían aos seguidores do apóstolo Santiago que buscaban un sitio para darlle sepultura o seu corpo.
http://patrimoniogalego.net/index.php/3410/2011/08/torres-de-altamira/
http://patrimoniogalego.net/index.php/3410/2011/08/torres-de-altamira/
http://patrimoniogalego.net/index.php/3410/2011/08/torres-de-altamira/

1 comentario

  • Foto de Elixio Vieites

    Elixio Vieites 24-may-2017

    Está documentado na idade media un porto húmido, ou lugar por onde se pasaba o río Tambre . Un mosterio co nome de Portus Hodorii está referenciado no 1162, e sería hoxe o lugar de Santa María de Portor (Negreira), a pouca distancia deste lugar. Esta igrexa é de estilo románico e conserva capiteis románicos no interior e contrafortes e canzorros no exterior.
    A ponte foi construída no século XIV por petición da Mitra Compostelá e reformado no XVIII. Permitía cruzar o Tambre dende Santiago cara ás terras noroccidentais de Galicia. Ten tramo principal de cinco arcos feitos de sillería granítica sendo o central máis grande e apuntado. Segundo algúns historiadores, poderían ser empregados os piares dunha ponte de época romana para esta nova construción. Forma parte da ruta xacobea cara á Fisterra.
    Unha das batallas que tivo lugar en Ponte Maceira foi entre os homes de Pedro Froilaz (1075-1128) e os do Arcebispo Xelmírez (1068-1140) segundo o descrito na Historia Compostelana (redactada entre os anos 1107-1149) : “…Por este tempo o conde Pedro, aio do rei, cos seus fillos Bermudo e Fernando e os seus auxiliares, molestaba a Compostela e asaltaba frecuentemente os homes e os gandos. Unhas veces saía ben, outras dáballe as costas ás frechas, segundo as vicisitudes da guerra. Como o pasou en Ponte Maceira, e os moitos homes e armas que perdeu, sería longo de contar…”. Pois o mencionado bispo que en tempos de paz ocupábase dos negocios eclesiásticos, cando viu que a súa cidade e os seus arredores eran molestados e saqueados, considerou convinte defender o señorío de Santiago coas armas”.
    A Ponte Maceira, sobre o río Tambre, era naquela época a fronteira que delimitaba os señoríos do conde de Traba e o bispo Xelmírez.

    A outra batalla foi no 1471 cando no segundo ataque as torres de Altamira, polo exército de Fonseca II, o capitán maior de Lope de Moscoso, García Martiz, foi reunir homes ás terras de Trastámara, ao norte e da outra banda do Tambre, para axudar ao seu señor a defender Altamira. Avisado polos seus espías Luís de Acevedo, capitán do arcebispo, que participaba tamén no asedio as torres, cun pequeno exército foi a esperalo a Ponte Maceira. Na contenda case matan a García Martiz e a situación era favorable ao de Acevedo, pero este tivo que saír en apoio do seu irmán, o arcebispo, pois o grande exército de Moscoso xa chegara ao campamento que cercaba Altamira. e facíano fuxir cara a Padrón. Non deu chegado a tempo Luís de Acevedo e retirouse el mesmo cara a Santiago para tentar salvar o que quedaba do seu exército.

    Unha lenda Xacobea
    “Contan que a ponte se derrubou cando os soldados romanos perseguían os /outdoor-trails/ruta-das-batallas-de-ponte-maceira-e-altamira-16948673#wp-16948678

Si quieres, puedes o esta ruta