Tiempo en movimiento  2 horas 23 minutos

Tempo  2 horas 30 minutos

Coordenadas 1868

Fecha de subida 11 de septiembre de 2019

Fecha de realización septiembre 2019

-
-
30 m
-8 m
0
2,7
5,4
10,78 km

Vista 41 veces, descargada 2 veces

preto de Oeste, Galicia (España)

Ruta polas Brañas de Laíño partindo do Río Vello en Bexo e chegando ate a parte de Cancela Abrea.
Transcurre entre carballos, piñeiros. moitos salgueiros, castiñeiros e xa nas brañas vemos os xuncos e os herbales de Laíño, que inmortalizou Rosalía de Castro en Cantares Gallegos:
"¡Cál se enxugan de camiño
os herbales de Laíño!"
onde pastan os famosos bois de Laíño aínda hoxe hai algúns que recuperan a tradición.
Se temos sorte podemos observar a famosa "Escribenta das canaveiras" Emberiza schoeniclus lusitanica, considerada en perigo crítico de extinción, e con moi poucas parexas nestas brañas.
Tamén podemos acercarnos á Fonte do Mineral e mollar o noso corpo nestas augas de efectos mineromedicinais.
Río

Inicio. O Río Vello

Río Vello en Bexo e un brazo do río Ulla que salva a Ínsua de Bexo. A Ínsua de Bexo está no Ulla, pasado o Redondo, despois de que o río vire cara os mares do sur e pertence tamén ó concello de Rianxo.
foto

Aldea de Bexo

Aldea de Bexo no inicio do percorrido. Alá ó fondo está o Hórreo das Pías que servía de reloxo cando os paisanos estaban a traballar nestas veigas: a sombra do tellado marcaba ás horas de ir xantar.
panoramica

Cabodeiras, o Bico e o Redondo

O Porto de Bexo. Foi Bexo terra de mariñeiros e en Cabodeiras era onde se amarraban os galeóns e as dornas. O Redondo é onde o río no seu transcurso vira cara a Ínsua de Bexo para morrer no mar. "O Bico, na braña de Bexo está na punta de terra na que remata o longo arco que describe o Ulla desde O Redondo ata onde empeza A Insua. A pesar de que a erosión das augas foi desgastando o terreo, vese aínda o bico no mapa topográfico ou na fotografía aérea. O Bicaño, na propia Insua, debe ter a mesma etimoloxía" Toponimia de Dodro e de Laíño. Os nomes na auga Manuel Lorenzo Baleirón
fuente

A Fonte do Mineral

Nas brañas de Bexo, en Anguieiro (Anquieiro na fala nosa) está A Fonte Mineral ou A Fonte do Mineral, nunhas campías preto do río. Pedro Gómez de Bedoya na Historia universal de las fuentes minerales de España do ano 1765 dedica media ducia de páxinas a comentar as propiedades destas augas “cuyo caudal sale a Oriente a borbollones, fría y muy clara, manando la cantidad de agua, que puede hechar una teja, quando llueve bien”. Di que o sabor é astrinxente e que bañando nela unha moeda de prata ponse denegrida. Afirma que contén nitro e vitriolo, que curou dos herpes ó cura de Laíño e que sandou a un impedido que puido abandonar as muletas. Gregorio de Hermida e Diego Ballesteros del Mazo (donos dos Pazos de Lestrobe e Tarrío respectivamente) saíndo a cazar por estas paraxes, bañaron alí un cabalo con sarna e mandaron tamén que se metera na fonte o criado, que tiña unha úlcera antiga nunha perna. Sandaron os dous. Se os señores se bañaron non se nos conta, que gardaban máis en segredo as súas doenzas que a xente do común. No curioso Tratado de las enfermedades más frecuentes de las gentes del campo (1776), na táboa “De las fuentes marciales o vitriolicas”, figuran tres no Reyno de Galicia, entre elas La fuente de Layno, en Bejo, a cinco leguas de Santiago. Está tamén a nosa fonte no Tratado práctico de la gota (1791) onde se fala das marabillosas propiedades das súas augas para curar a enfermidade e no Manual Geográfico Administrativo de la Monarquía Española de 1844, apartado de “Aguas Minerales”. Pisamos unha terra inzada de augas soterradas, furada coma unha peneira aquí e acolá polos infinitos borbullóns dos mananciais. Rosalía, que viviu tamén neste país de auga, nun dos seus recontos de ausencias despídese antes que nada dos ríos e das fontes. Era amante delas e hai un poema no que dorme á súa beira. Cecais a espertara na madrugada o ruído cantareiro na canle de pedra do vello torreón dos Hermida para escribir eses versos. Eusebio Lorenzo, no primeiro poema do seu primeiro libro, promete “A eternidade para aquel que xorde en primavera de dentro das fontenlas”. Toponimia de Dodro e de Laíño. Os nomes na auga Manuel Lorenzo Baleirón
Río

O porto do Deza.

Lugar de observación de aves

Foto

panoramica

A Brañiña

Lugar onde se bañaban os mozos de Imo. Pero había un medo moi grande, decián que o pozo da Brañiña non tiña fondo, ou os mozos non daban baixado ó fondo de forma natural,. Tamén había un certo temor a meterse no río grande o 25 de xullo, porque se dicía que pasaba o Apóstolo arrasteando pesadas cadeas que tiraban sen remedio dos avezados nadadores.
foto

Camiño

Lugar de observación de aves

Brañas en Imo

"Cómo chove miudiño, cómo miudiño chove; cómo chove miudiño pola banda de Laíño, pola banda de Lestrove." Rosalía de Castro Cantares Gallegos
árbol

Árbores froiteiras

Durante todo o sendeiro atopamos árbores froiteiras de todo tipo e castiñeiros.
Rúa sen saída

Pinal da Braña

"O Pinal da Braña estáó lado do esteiro de Tallós e refírese a el Rosalía nun verso (“véxote aló nas brañas, xa no pinar espeso ”) pois non houbo outro na zona. á beira do Pinal había pozos que se dicía que non tiñan fondo. E non o terían. Explica Méndez Ferrín (Consultorio…) que son comúns en Galicia e no norte de Portugal estes pozos ou pegos (do grego PELAGOS, ‘mar’), “tan profundos que non se dá chegado ó fondo, mesmo se se lles fai unha sondaxe con sete sedeños” e que “constitúen as portas do máis alá, do outro mundo”. Poderiamos imaxinar aquí, entre os doces ameneiros da braña, nos goios charquentos e nas tremas sen cabo dos esteiros, o cadro de Corot no que Orfeo regresa con Eurídice dos infernos por alagados bosques, a lira na man en alto, perseguidos polas sombras glaucas da morte." Toponimia de Dodro e de Laíño. Os nomes na auga Manuel Lorenzo Baleirón
Edificio de interés

Casa do Concello dende as Brañas

foto

Camiño nas Brañas

foto

Bois de Laíño

Foi famoso Laíño polos seus bois. Xa en 1894 decía a prensa da época que se exportaban mais de 30 bois para Hendaya en Francia a un precio moi alto pola súa calidade. Agora parece que volven ás brañas de Laíño gracias a gandeiros emprendedores e novos.
Lugar de observación de aves

Camiño cara o río

foto

Camiño con sombra

Rúa sen saída

Braña aínda en uso

fuente

Campo do Bosque

Zona recreativa con mesas, fonte, parque infantil. É o lugar das festas de San Campio de Dodro
foto

Final

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta