Tempo  4 horas 5 minutos

Coordenadas 2336

Fecha de subida 1 de diciembre de 2018

Fecha de realización diciembre 2018

-
-
355 m
137 m
0
4,1
8,2
16,34 km

Vista 252 veces, descargada 10 veces

preto de Entrecruces, Galicia (España)

Ruta homologada en 2010 de forma lineal, fixemos unha variante para saír da Fervenza de Entrecruces e chegar á de Rus, desde aí volver por distinto camiño e así facela circular. En numerosos puntos faltan as indicacións polo que vexo necesario o uso de GPS ou mapa con ruta trazada e compás. En xeral atópase bastante limpa, sobre todo a primeira parte ata a fervenza de Rus é bastante bonita , despois é interesante pero moi cargada de asfalto. Creo que o ideal é facela segundo está creada, de forma lineal, aínda que sexa necesario un segundo coche de apoio para poder volver ao comezo. Puntos principais de interese aparte das fervenzas son a Igrexa de Santa María de Rus e a e a Igrexa de San Xens de Entrecruces. A primeira é a igrexa de maior valor arquitectónico do municipio e un dos exemplos máis importantes do barroco en Bergantiños. De grandes dimensións, o templo destaca sobre a paisaxe dos arredores nun terreo situado a media ladeira.


A súa construción durou case dous séculos. Comezárono no XVII e non o terminarían ata o XIX, por iso é polo que neste templo mestúrense o estilo barroco, que é o predominante, o rococó e tamén o neoclásico, presente nas liñas rectas e clásicas da súa fachada e en tres dos seus retablos. Na súa construción participaron destacados mestres composteláns, como Tomei do Río, que tamén traballaría nas obras da catedral de Santiago.

A parroquia de Rus dependeu, outrora, do mosteiro compostelán de San Martiño Pinario. Foron precisamente os monxes de San Martiño os que impulsaron a construción da igrexa. No século XVII comeza unha época de boas colleitas. Introdúcese o millo e a pataca, que viñeran de América. Son bos anos para o campo e tamén para a Igrexa, que lle cobraba rendas e tributos á xente labradora por traballar nos seus campos. Por iso é polo que os monxes de San Martiño Pinario animásense a construír unha igrexa destas dimensións e tan custosa para a época. E de aí tamén que participasen nela tan importantes mestres composteláns. O templo custodiou ao longo do tempo unha xoia da ourivaría: unha cruz procesional, toda feita en prata, posiblemente do século XVI, de case un metro de alto. A igrexa de San Xens domina, a media ladeira, as terras verdes e húmidas de Entrecruces.
Foi construída no século XVII e é bo exemplo do predominio que a arquitectura barroca conseguiu no noso concello. No seu interior destaca o seu retablo maior, tamén barroco, do mesmo xeito que os retablos laterais. É de factura similar ao de San Martiño Pinario en Santiago e está coidadosamente decorado con elementos propios do barroco, como as columnas salomónicas. A igrexa foi obxecto de diversas ampliacións e obras, como a reconstrución que se fixo da torre, no 1899, debido aos danos causados por un raio. O templo foi restaurado recentemente. Fermoso é o cruceiro que atoparás na parte traseira da igrexa, de fino e esvelto porte, cunha cruz circular leñosa ergueita sobre querubines. Tentei evitar no posible o tramo da estrada xeral que vai a Carballo, tentando achegarlle ao rio (situado á dereita en dirección de marcha) pero fué imposible. Por unha banda a cantidade inmensa de auga nos prados e doutra banda que non conseguín ver claramente camiños de pescadores.

Valoración MIDE


Ruta das Férvedas

horario 5h 20'
desnivel de subida 584 m
desnivel de bajada 584 m
distancia horizontal 16,3 Km
tipo de recorrido Circular

severidad del medio natural 1
orientacion en el itinerario 3
dificultad en el desplazamiento 2
cantidad de esfuerzo necesario 3

Condiciones de tres estaciones, tiempos estimados según criterio MIDE, sin paradas.

Calculado sobre datos de 2018.
Fervenza de Rus
Fervenza de San Paio

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta