Vista 6249 veces, descargada 186 veces
preto de Xeve, Galicia (España)
Esta ruta está incluida na rede comarcal de sendeiros de Pontevedra e, aínda que está sinalizada, o marcaxe nalgúns puntos é deficiente polo que será mellor que uses o track do GPS. De calquer xeito podes facela sen o aparello prestando atención a indicacións que seguen.
Comezamos a nosa andaina en Sobral, na capela de San Roque, collendo pola pista que vai por debaixo do palco da música. Pasamos un lavadoiro e ao chegar a un muro de pedra seguimos hacia arriba polo monte. Empezamos a baixada e deixamos atrás unha fonte e un muíño no rego Retorteiro e ao acadar a estrada PO-223, cruzámola e imos por unha corredoira paralela pola parte de abaixo.
Logo dunha área de lecer, cruzamos de novo a estrada a altura dun pequeno bar, andamos agora paralelos a PO-223 pero pola parte de arriba. Outra vez cruzamos e estrada e por unha pequena corredoira nos situamos en Fragoso.
Outras dúas fontes nos agardan e logo o barrio de Outeiro do Año con súa carballeira, que atravesamos. Vadeamos un rego e logo outro máis e aquí hai que seguir paralelos ao rego pola súa marxe dereita ou tamén por unha corredoria que vai uns metros máis arriba. Baixamos un camiño e metémonos a dereita por unha fermosa corredoira empedrada que nos conducirá ata Filgueira. Desde aquí facemos un desvío que nuns novecentos metros nos achega a beira do río Lérez (o chegar a bifurcación collede a dereita).
Volvemos a Filgueira e máis adiante temos outro desvío opcional de douscentos metros para ver a igrexa de Santo André de Xeve (séc. XVIII) e un viacruis. De novo proseguimos nosa ruta e atopamos outra fonte e outra área de lecer ao carón da estrada PO-223, que atravesamos e logo de uns trescentos metros hai que desviarse a dereita pero non polo camiño de terra, senón por un carreiro moi pouco definido (hai unha marca nun pequeno piñeiro). E máis atención porque logo de chegar a un camiño, a uns cincuenta metros, abandonámolo e metémonos a dereita por outro carroucho que nos leva baixando a unhas casas na Escusa.
Agora unha corredoira nos conduce a unha carballeira e sen desviarnos, sempre de fronte, chegamos ao punto de remate e comezo na capela de San Roque.
Waypoint
CAMIÑO EMPEDRADO
Waypoint
CAPELA SAN ROQUE
Waypoint
DESVIO IGR. SANTO ANDRÉ
Waypoint
DESVIO RIO LEREZ
Waypoint
IGREXA SANTO ANDRÉ
Edu el bueno 10 abr 2014
Ruta muy bonita, la hice hoy mismo y efectivamente está MUY MAL señalizada.
jesussimon 10 abr 2014
Gracias por el comentario, Edu.
jotrico 30 abr 2016
Hola Jesús:
Celebraría que te hayas recuperado totalmente de tu accidente.
Hoy la hicimos, algo ampliada, los de "Sendereando" y una vez más te damos las gracias porque hayas compartido tan bonito recorrido.
Chacaritas 22 abr 2019
Estimado Suso:
Repetimos la Ruta después de unos 5 años, esta vez el pasado día 20.04.19. Informarte que han desaparecido la mayoría de flechas de pintura que señalaban la ruta, así como la desaparición de senderos, que están cubiertos de maleza que obligan a utilizar la intuición o GPS como fué nuestro caso. Una verdadera pena ya que es una ruta muy entretenida. Un abrazo y gracias por tu siempre valiosa información.
jesussimon 22 abr 2019
Gracias por actualizar la información, Chacaritas.
Xabier Novás 29 abr 2021
He realizado esta ruta verificado Ver más
Información
Fácil de seguir
Entorno
Moderado
Mui chula. Fai falla desbroce en algún tramo.