Soneirán
85 8 42

Coordenadas 251

Fecha de subida 7 de julio de 2011

-
-
283 m
-1 m
0
3,1
6,3
12,55 km

Vista 3966 veces, descargada 57 veces

preto de Vimianzo, Galicia (España)

As minas abandonadas de caolín formaron unhas fermosas lagoas nos montes de Ogas, en Vimianzo.
Ademais esta ruta tamén ten historia: un castro dos máis importantes da Península (o castro das Barreiras), unha necrópole megalítica (co Dolmen de Ogas, en bastante mal estado, pero que dá conta da súa monumentalidade) e unha casa fidalga en Ogas (a chamada Casa da Capela).
Sitio arqueolóxico

Castro das Barreiras

Trátase dun dos castros máis impresionantes de toda a península Ibérica, malia non estar escavado. O castro das Barreiras é un xacemento singular e de moito interese. Sitúase no fondo do val de Vimianzo e mostra á vista unha estrutura arquitectónica espectacular, definida por vestixios do foxo e unha potente muralla que nalgún punto supera os 8 m. de altura. Estas defensas colosais non son habituais nos xacementos castrexos e demostran que o castro das Barreiras foi, no seu día, un poboado importante e que era, probablemente, aínda máis extenso do que hoxe se conserva. O normal na construción dun castro é facelo nun emprazamento de difícil acceso, coma o alto dun monte ou uns acantilados coma no caso de Baroña. En cambio este castro está feito en pleno val para poder aproveitar as terras de cultivo e o dominio da zona. Para poder defenderse tivo que fortalecerse coas súas enormes barreiras. Nalgún punto están derruídas pola construción de casas ou polos valados dunha finca anexa. Incluso se viu ameazado pola construción dunhas aceras, que se tiveron que retirar uns metros. A súa escavación sería un atractivo turístico de gran valor.
refugio

Ogas

Aldea de Ogas, pertence á parroquia de Cambeda. Neste lugar existen dúas casas fidalgas.
foto

Casa da Capela (casa fidalga)

Casa fidalga. Conta cun escudo. Chámanlle a Casa da Capela, de Ogas de Arriba.
foto

Lagoa do Chan de Badosa

Primeira das lagoas que visitamos. É a auga que presenta un aspecto máis artificial
panoramica

Cova do Raposo

foto

Antiga mina de caolín

Nos montes de Ogas (Vimianzo) atopamos unhas lagoas formadas pola acumulación de auga nunhas minas abandonadas de caolín.
panoramica

Lagoa, mina de caolín

Remo

Lago de Pedra Graíña

É a máis grande de todos os lagos. O que se atreva aínda pode dar unhas voltas a golpe de remo.
panoramica

Lagoa de Pedra Graíña

Dende aquí, ó lonxe vese a fábrica de Caolines Vimianzo, de Castrelo
foto

Lagoa do Seixiño

Sitio arqueolóxico

Mámoa, necrópole megalítica

Unha das mámoas que integran a necrópole megalítica de Ogas. Son enterramentos seguramente do IV-III milenio a. C. Para vela hai que estar atentos ó terreo, onde haxa unha elevación.
Sitio arqueolóxico

Dolmen Arca de Ogas

Moi preto do lago maior, veremos unha necrópole megalítica, de tres mámoas. Unha delas está escavada e pódese ver o dolmen, a Arca de Ogas, do IV-III milenio a. C. Atópase nun estado de conservación moi malo, foi esnaquizado e fáltanlle moitas pedras, aínda que debeu ser xigantesco. Para chegar a ela, hai que acceder ó campo sinalado. Cara o fondo, onde comezan as árbores hai que buscar unha gran pedra, que é a máis alta das que se conservan.
foto

Cruceiro da Brea

Cruceiro no medio do chamado Camiño da Brea que era o que ía de Ogas a Vilaseco.
Senderismo

Camiño da Brea

Camiño antigo que unía Ogas e Vilaseco

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta