Coordenadas 239

Fecha de subida 2 de julio de 2018

-
-
312 m
0 m
0
2,2
4,5
8,91 km

Vista 244 veces, descargada 6 veces

preto de Esteiro, Galicia (España)

A ruta das pedras lendarias de Santa Mariña de Esteiro


“Patudas” de Santa Mariña

A ruta comeza na pedra que sobresae en marea baixa no lado leste da praia de Parameán, na Ribeira do Maio en Esteiro. A lenda conta que a patroa da parroquia, Santa Mariña, xurdiu do mar e deixou as súas “patudas” inscritas na pedra esquistosa en dirección a terra. Este mito enlaza co culto a Venus, do panteón romano ou Afrodita do Grego, que existía na Gallaecia. A deusa Venus naceu da propia escuma do mar e saiu dunha cuncha de nácara. (En Cortegada de Miño santa Mariña xurdiu das augas deste río).
A esta rocha da praia levábase a santa en procesión para facer chover en tempos de seca severa. O rito incluía mollarlle a cara á santa para provocar que os ceos deixasen caer a ansiada auga.
Curiosamente o lugar está moi cerca onde as sombras da noite combinadas coas formas dunha pedra dun outeiro fixeron ver a algunha xente a cara de Cristo, nomeándose rapidamente “O Cristo do Petón”. Foi alá polo 1993 e a cousa transcendera e aconteceu que centos de persoas chegadas de moitos lugares de Galicia achegáronse, durante mes e medio, a visitar o lugar, incluso viñeron autobuses de zonas de Portugal. A pedra acabou destrozada por un veciño ao que molestaban as pregarias e ritos de tanta xente fronta á rocha.
Seguiremos polo esteiro do río Grande ata coller camiño pola aldea de Trión, aquí, pasamos a carón da fonte da Mexadoira, a cal os veciños acuden a coller auga pola sona que ten de ser benificiosa para a sáude, e que chegara a ser recomendada fai tempo polo médico da zona.
Casa da Sociedade
Pasaremos cerca da “Casa da Sociedade” (1919) que está a carón de outra onde nacera o mestre e poeta Xosé Tobío Mayo “Conroa” (1891- 1971). Foi Impulsor da sociedade agraria que tiña por nome “La protección Social Esteirana”, e que hoxe dá nome a este edificio adicado a actividades culturais. O activismo político de Conroa na ORGA (Organización Republicana Galega Autónoma) fixo que coa chegada do golpe de estado do 1936, 18 de Xullo, que por certo é o día de Santa Mariña, tivese que exiliarse e marchar nos barcos que como o Santa Eulalia e Santa Rosa partiron do porto de Muros cara a Bilbao. Chegamos agora ao lugar de Solleiros, por onde pasaba o antigo camiño real, e camiñamos á beira da antiga igrexa parroquial de Santa Mariña, de estilo neoclásico e levantada sobre unha antiga capela románica , da que quedan poucos vestixios. Ao seu carón pasa un regueiro e o seu campanario está alonxado do templo. Ao seu redor está o cemiterio de Esteiro.

Pedra do Cadro

Comezamos agora a coller costa arriba cara o pedregal de Esteiro por pistas e vellos camiños empedrados, pasando por zonas de inmellorables vista sobre a ría de Muros–Noia, e apreciando dende un punto o Castelo da Laxe. A ruta lévanos á pedra do Cadro, un xigantesco batolito que preside o pedregal dende o seu cume e que fai de atalaia sobre a territorio da contorna. O seu nome “cadro” faría referencia a ser fito de límites xeográficos, como se pode apreciar en documetación antiga, e mesmo un punto de cadrar “marcas” marítimas dende o mar. A cen metros de distancia, antes de subir á esta rocha, podemos ver unha cova entre dous grandes penedos con tres coviñas na aresta dunha laxe en posición vertical e unha pequena cruz no costado dereito.

Pedra da Pía

Na baixada da nosa ruta desviámonos do camiño sinalizado para poder ver a Pedra da Pía. Unha enigmática rocha na que vemos unha pía con forma de trono que podría ser coherente coa idea de ser considerado un antigo lugar de ritais. Está inzada de inscricións talladas que segundo as investigadores son de distintas épocas, e que van dende, coviñas, canles,cruces, letras, e cálices. Nun traballo que expoñen Mª Aurora Lestón e Milagros Torrado no num. 34 do Anuario Brigantino do ano 2011, considérase que : “poderíamonos atopar ante un caso singular da litolatría galega, un altar prehistórico sen alterar nos seus elementos esencias, nun lugar de paso cara a unha montaña de connotacións míticas “.
Dende este punto afrontamos unha baixada por camiños con calzada de pedra, que nalgúns punto teñen unha pendente acusada, ata retornar ao lugar de Solleiros. Onde apreciaremos un fermoso cruceiro que algún autor chegou a datalo no século XVI, sendo entón uns dos máis antergos de Gaicia. Dende aí seguiremos camiñando ata ao punto de partida a carón do esteiro do río Maior.
  • Foto de Cristo do Petón
Un artigo de prensa sobre o acontecido coa súa "aparición" https://www.lavozdegalicia.es/noticia/barbanza/2008/11/30/rostro-atrajo-multitudes/0003_7356671.htm
  • Foto de Praia de Parameán
  • Foto de Ribeira de Creo
  • Foto de Ribeira de Creo
  • Foto de Casa onde nacera Xosé Tobío Mayo 'Conroa'
  • Foto de Casa da Sociedade
  • Foto de Aldea de Trión
  • Foto de Fonte da Mexadoira
  • Foto de Cemiterio de Santa Mariña
  • Foto de Cemiterio de Santa Mariña
  • Foto de Cemiterio de Santa Mariña
  • Foto de Igrexa de Santa Mariña
En patrimoniogalego.net http://patrimoniogalego.net/index.php/6841/2011/10/santa-marina-de-esteiro/ Igrexa dunha nave e cuberta a dúas aguas. De estilo neoclásico, aprécianse algúns elemento románicos, reaproveitados probablemente doutra obra anterior. Foi arranxada na década dos sesenta do pasado século. A fachada é sinxela, rematada nun frontón con pináculos, e ten unha porta rectangular alintelada cunha pequena ventana para dar luz ao interior. No interior ten tres arcos de medio punto sobre piares cadrados acaroados que sosteñen unha bóveda de canón, máis estreita no altar maior. Posúe catro tallas de madeira: a virxe das Dores, con manto de veludo; o Perpetuo Socorro; a Purísima Concepción e Santo Antón; presididas todas por Santa Mariña nunha ábsida chan sen retablo. Forma un fermoso conxunto co cemiterio e o campanario illado da igrexa, ao lado do que fora o camiño real, e a uns setenta metros de distancia da mesma. A igrexa honra, pois, a Santa Mariña, filla dun sacerdote pagán, que poida que nacera en Xinzo de Limia. Foi mártir, degolada por non casar co prefecto romano Olivio, e denunciada por cristiá.
  • Foto de Rego de Santa Mariña
  • Foto de Camiño do monte
  • Foto de Camiño do monte
  • Foto de Un carballo
  • Foto de Carballo sobre penedos
  • Foto de Vista da ria coa illa da Creba ao fondo
  • Foto de Cruce
  • Foto de Unha cova entre Batolitos
  • Foto de Cruces e coviñas nunha rocha
  • Foto de Rocha con forma de caveira
  • Foto de Pedra da Pía
  • Foto de Pedra da Pía
  • Foto de Pedra da Pía
  • Foto de Pedra do Cadro
Consultar en patrimoniogalego.net http://patrimoniogalego.net/index.php/63174/2014/08/pedra-do-cadro/ A Pedra do Cadro é un inmenso batolito de granito calcoalcalino que se alza no pedregal de Esteiro a unha altitude de 365 metros, o que fai que dende este lugar se teña unha ampla visión sobre a ría de Muros-Noia. O nome deste penedo podería deberse a característica da súa visión dende o mar e que serviría para poder “cadrar”, xunto con outros montes, algunha posición para os mariñeiros que faenaban pola ría. Por outra banda segundo apuntan Mª Aurora Lestón e Milagros Torrado no traballo sobre o “Altar rupestre da Pedra da Pía” o nome “quadro” podería suxerir un límite xeográfico un “quadrifinium”, ou lugar onde se xuntan catro propiedades. Se temos en conta esta teoría, cara abaixo e en dirección sur deste penedo, a unha distancia 40 m., hai unha cova entre dous batolitos onde se pode ver unha cruz na súa entrada con coviñas talladas a súa esquerda, que podería ser unha cruz de termo ou restos dun lugar de ritos precristiáns e onde tamén se atopa unha pedra con forma de muíño de man e que evidencia que foi tallada para ese tipo de usos. Dentro do mesmo pedregal podemos atopar a “Pedra da Pía”, a 650 metros en liña recta ao sueste, no camiño de subida a este fito, que está inzada de cruces e outros signos e letras, que tamén poderían marcar algún límite de propiedade. Na Abelleira, ao sueste da Pedra do Cadro, a carón do canle do río de San Lourenzo e ao norte da Aldea da Rateira, dentro da paraxe denominada Campo da Ermida, podemos atopar a Pedra das Cruces, outro penedo con 14 cruces atribuídas a varias épocas e catalogada nos Bens arqueolóxicos no Pxom do concello de Muros, a unha distancia de 2.2 km. Os tres fitos comporían unha liña recta de 2.8 km. e limitarían, ou santificarían, o pedregal en dirección noroeste- sueste. No traballo anteriormente citado podemos ler. .. “En canto á súa denominación, é moi probable que proceda do latín quadro (praza, cadrado), xa que encontramos unha referencia baixo este nome nunha carta do S. XIII conservada no tumbo do mosteiro de Toxosoutos, na que podemos ler: Ego Maria Petri dicta Canauenia vna cum filias meas et omnis uox nostra vobis domno Petro Martini, abbate monasterii Sancti Iusti de Togis Altis, et omnis conuentus eiusdem loci facio uobis et monasterio uestro kartam uenditionis de hereditate nostra propria quam habemus in tra Carnota in villa que uocitant Malou, subtus monte Calu, discurrente ribulo Malou, concurrentia Sancte Columbe de Carnota, et altera parte in alio loco ubi dicitur Bornalio subtus monte Quadro ,discurrente ribulo Boual, secus litor maris Tamarensis, concurrencia Sancti Stephani de Arino… A autora desta carta expón nesta misiva a súa intención de vender ao mosteiro de Toxosoutos as súas posesións nas localidades de Mallou ( concello de Carnota) e Bornalle, na parroquia da Abelleira, (concello de Muros). Tal e como indica o texto, sitúa esta última propiedade ladeira abaixo da Pedra do Cadro en Sancti Stephani de Arino que vén sendo Santo Estevo da Abelleira. Dentro das lendas populares podemos destacar a que indica que dende esta pedra se podía divisar a catedral de Santiago ata que un día foi fendida por un raio, por iso a vemos dende a cara sur atravesada por unha fenda que a percorre de arriba a abaixo. Non moi lonxe do lugar está a Laxe Borrateira un lugar coa lenda da caída de San Estevo do seu cabalo e na que aínda se poderían ver as marcas das ferraduras en forma de pías. Na foto da ficha podemos ver a pedra con xente enriba dende a banda noroeste, que é dende se aprecia máis a altura do penedo en referencia ao terreo que a rodea. Na segunda foto a pedra cunha cruz e cazoletas na porta dunha pequena cova, citada anteriormente.
  • Foto de Vista dende a Pedra do Cadro
  • Foto de Camiño
  • Foto de Cruceiro de Solleiros
  • Foto de Cruceiro de Solleiros
Consultar en patrimoniogalego.net http://patrimoniogalego.net/index.php/8154/2011/10/cruceiro-de-solleiros/
  • Foto de Fonte
  • Foto de Lugar de Solleiros. Camiño real
  • Foto de Lugar de Solleiros. Camiño real
  • Foto de Lugar de Solleiros. Camiño real
  • Foto de Lugar de Solleiros. Camiño real
  • Foto de Lugar de Solleiros. Camiño real
http://patrimoniogalego.net/index.php/10670/2011/11/conxunto-de-solleiros/ Conxunto de vivendas tradicionais que o PXOM de Muros do ano 2010 define como : “Conxunto de edificacións en cantería con planta rectangular con balcóns á fachada”. Este conxunto salvouse da degradación da súa arquitectura tradicional e a día de hoxe as casas están a ser rehabilitadas dunha maneira máis acorde as súas características estruturais. O non estar situado preto da costa e da vía de comunicación máis importante, a estrada C-550 que substituíu ao Camiño Real que comunicaba con Muros e Noia, puido ser a causa da súa conservación. Por aquí pasaba este antigo camiño e neste lugar había una “casa de posta”, que eran os establecementos onde se facía o cambio de cabalerías das carruaxes, coma a “dilixencia de Belarmino” de principio do XX, que podemos ver na foto secundaria da ficha. Algunhas destas casas de posta tiñan pousada para os viaxeiros. As casas están a ambos lados do camiño a teñen tellado a dúas aguas e ventanas enrasada, algunhas delas amosa fermosos balcóns de forxa e bo traballo de mampostería e sillería de granito nos seus muros.
  • Foto de Pasais da Salina
Consultar en patrimonio galego.net http://patrimoniogalego.net/index.php/63354/2014/08/os-pasales-da-salina/ Os Pasais da Salina son os restos do que antes fora unha ponte que formaba parte do percorrido do Camiño Real que atravesaba o río Maior na parroquia de Esteiro polo lugar de Reboredo, entre O Maio e Solleiros. Durante séculos, o denominado “Camiño Real” era a única comunicación terrestre da zona. Entraba en Esteiro dende Mosteiro, na parroquia do Freixo de Sabardes, no veciño concello de Outes, e despois discorría por Uhía, A Devesa, O Maio, A Salina e Solleiros. Saía de Esteiro polo Trobiscón, collendo cara a Abelleira. O camiño neste punto só estaba operativo cando a marea baixa o permitía. En determinados momentos este camiño tiña servizo de dilixencia, a máis famosa foi a de Belarmino de Solleiros, onde había unha “casa de postas”. As casas de postas dispoñíanse nas principais poboacións ao longo das liñas de correos e nas vías principais para prover o fornezo de cabalos necesario para realizar as viaxes. Moitas servían tamén de parada de dilixencias para viaxeiros. Ao contrario do que se podería pensar, a Ponte da Salina fíxose case ao mesmo que a ponte nova da estrada que vai de Noia a Muros. A súa contratación tivo lugar polo concello de Muros no ano 1895 e rematouse en 1896, tendo así o Camiño Real un punto onde cruzar o río. No ano 1906 xa estaba operativa a nova estrada cunha nova ponte uns centos de metros máis abaixo. A consecuencia inmediata desta construción foi o abandono e espolio de todo o que se podía aproveitar da vella. Na actualidade só quedan unhas poucas pedras que formaban parte das cepas e que non resultaba doada transportar polo seu peso excesivo. O entorno foi acondicionado no 2011 e tamén se empedrou un tramo do que fora a antiga vía de comunicación .
  • Foto de Vista do esteiro do río Maior

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta