Coordenadas 1584

Fecha de subida 11 de mayo de 2017

Fecha de realización mayo 2017

-
-
757 m
488 m
0
3,7
7,5
14,9 km

Vista 1689 veces, descargada 32 veces

preto de Cachafeiro, Galicia (España)

Fai bastantes anos que este sendeiro foi homologado coma PR-G 113 e afortunadamente segue marabillándonos polos seus abondosos encantos arredor dun río Lérez no seu treito alto que baixa en compaña dun bosque de galería espléndido, con muíños fariñeiros e batáns movidos polas súas augas e tamén pontes e pontellas que ligan as súas beiras. Como senlleiro colofón rematamos a nosa andaina no Mosteiro cisterciense de Santa María a Real de Aciveiro.

O máis indicado é comezar o roteiro no lugar de Gaxín, na parroquia de Forcarei e facer o percorrido a contracorrente do Lérez, que aínda que supoña un chisco máis de esforzo veredes de fronte as brincadeiras augas do río. Logo dunha baixada entre carballos acadamos xa o Lérez, que atravesamos pola ponte medieval con arco de medio punto de Gomail, e desde aquí non tardaremos moito en abraiarnos coa fervenza do rego Sorribas na súa desembocadura.

Apenas pasada a ponte de Forcarei está a reliquia do Batán da Ponte, inxeño que se utilizaba antigamente para compactar a lá da roupa e as mantas mediante dous mazos que a batían. Deseguido unha área de lecer, algún muíño e outro batán entre verdes pradaríos. Entre Ponte Maril -ao carón do campamento xuvenil da Xunta- e a Ponte do Crego, máis muíños unidos polo sendeiro de pescadores a sombra de amieiros, salgueiros e sabugueiros.

Na área de lecer da Ponte do Crego podemos refrescarnos nunha fonte de auga potable para continuar ata outra ponte,a da Carballa, que nos da paso a unha vizosa carballeira, naturalmente.

Un camiño empedrado, que sobe entre a arboreda, continúa na parte alta por camiños de monte, sendo esta a porción do recorrido que se afasta das orelas do río Lérez, que axiña retomamos na medieval Ponte Vella de Andón.

Augas enriba temos que atrevesar con decisión por unhas poldras que nos poñen no outro bordo do río, e entre pontellas e muíños chegamos ao Mosteiro de Aciveiro que conta cunha igrexa románica do século XII e fachada barroca do XVIII, erguido nas abas do monte Candán onde ten o seu nacedoiro o Lérez.

Ver más external

Aldea no concello de Forcarei.
Área de lecer preto da ponte de Forcarei.
Folón no río Lérez.
Batán preto da ponte de Forcarei.
Bosque nas ribeiras do río Lérez.
Bosque nas marxes do río Lérez.
Bosque nas marxes do río Lérez.
Vieiro de baixada ao río Lérez.
Vieiro preto de Andón.
Camiño con firme de pedra.
Camiño de baixada ao río Lérez desde Andón.
Campamento xuvenil da Xunta de Galicia, en Forcarei.
Bosque de carballos nas beiras do río Lérez.
Muíño con vivenda no río Lérez.
Punto de inicio do sendeiro na aldea de Gaxín, Forcarei.
Cruceiro en Aciveiro.
Cascada na desembocadura do rego Sorribas.
Fonte na área de lecer da Ponte do Crego.
Fonte no claustro do Mosteiro de Aciveiro.
Río por cuxas beiras transcorre o sendeiro.
Mesas na área de lecer de Andón.
Nacedoiro de auga.
Mosteiro cisterciense de Santa María a Real de Aciveiro.
Muíño hidráulico no río Lérez.
Muíño hidráulico no río Lérez.
Muíño hidráulico no río Lérez.
Muíño hidráulico no río Lérez.
Muíño hidráulico no río Lérez.
Muíño hidráulico no río Lérez.
Muíño hidráulico no río Lérez.
Muíño hidráulico no río Lérez.
Muíño hidráulico no río Lérez.
Aldea do concello de Forcarei, preto do Mosteiro de Aciveiro.
Pasos no río Lérez.
Pasos no río Lérez.
Pasos no río Lérez.
Pasos no río Lérez.
Ponte sobre o río Lérez.
Ponte sobre o río Lérez.
Ponte sobre o río Lérez.
Ponte sobre o río Lérez.
Pasarela de madeira sobre o río Lérez.
Ponte sobre o río Lérez.
Ponte sobre o río Lérez.
Ponte sobre o río Lérez, na aldea de Andón.
Pontón de pedra sobre o río Lérez.
Pontón de pedra sobre o río Lérez.
Pontón de pedra sobre o río Lérez.
Pradarío nas marxes do río Lérez.

1 comentario

  • Foto de jesussimon

    jesussimon 13-may-2017

    Xa que o roteiro é lineal, o retorno pódese facer en algún taxi de Forcarei. O custo da carreira está polos 12 euros.

Si quieres, puedes o esta ruta