Tempo  7 horas 22 minutos

Coordenadas 2832

Fecha de subida 8 de marzo de 2020

Fecha de realización marzo 2020

-
-
152 m
-1 m
0
5,5
11
22,03 km

Vista 11 veces, descargada 0 veces

preto de Bornalle, Galicia (España)

Espectacular roteiro que xunta bonitos paseos por camiños ancestrais e cheos de beleza con paseos marítimos e sendas por piñeirais pegados ao mar. Saíndo xusto á beira da ponte que baleira auga do rio xusto á praia de Bornalle, desde aí empezamos a camiñar por terra e cun bellísimo río de augas transparentes e ruidosas. Os primeiros pasos farémolos en subida e por camiños empedrados con abundante auga, pero dunha calma e paz esmagadora que nos mete moi enseguida en materia. Ao pouco atopámonos xa baixando ás proximidades de Esteiro que dependendo do estado da marea poderase facer polos pasos de pedra que se atopan un pouco mais arriba do campo de fútbol, en caso de marea alta queda baixar á estrada xeral que une Esteiro con Muros e atravesar a ponte, xusto despois virar á izda e volver ata o campo de fútbol e continuar o track.
Volveremos ter outro tramo longo de subida pero con moito encanto, para atravesar o monte que separa Esteiro do Freixo.
Sairemos á estrada xeral case ao final da zona de estaleiros, xusto onde empeza o paseo que une Freixo con Broña, e que facemos na súa totalidade. Pasada a praia de Broña seguiremos por senda de piñeiral e pegados ao mar ata chegar a unha zona de marisma que nos obriga a separarnos do mar e subir ata Serantes.
Comezamos a baixada por pista asfaltada que nos leva ata a aldea de Albeida , que atravesamos ata o final onde se atopan as casas das árbores. Collendo a pista da dereita por onde está o aparcamento do hotel, e seguimos por como carreiro de monte.
Ao final deste camiño atopámonos cun lugar con moito encanto, onde temos unha fonte, lavadoiro e o comezo dunha pasarela que nos conduciría ata a área de Aldan, pero actualmente atópase pechada por perigo de vir abaixo, pódese baixar con coidado polo lado esquerdo e paralelo á pasarela.

Foto preciosa en Aldan onde vemos enfronte a ría de Noia. Continuamos un pequeno tramo de asfalto para seguir por un pequeno camiño á dereita de terra que nos volve a achegar ao mar. A senda por aquí é sinxela e ben marcada por pisadas anteriores. Seguiremos ata chegar a outro estaleiro, aquí toca subir un tramo pegados ao corredor. Despois tócanos atravesar un par de leiras e chegaremos á estrada de Cruceiro de Roo onde acabaremos este precioso roteiro. Non dispón de sinais polo que é necesario track e gps ou mapas.


Valoración MIDE
Picnic

(Zona Recreativa)

Waypoint

A Barquiña1

Waypoint

A Corga

Waypoint

Abelleira de Arriba

Waypoint

Ac-550 o y Ac-550

Waypoint

Ac-550 o y Ac-5501

Waypoint

asteleiro

Waypoint

Cementerio4

Waypoint

Corveiros

Waypoint

Cp-5301 N y Pista

Waypoint

Fuente de Albán water

Waypoint

Línea Eléctrica

Waypoint

Nave3

Waypoint

O Vilar

Waypoint

O Vilar1

Río

pasos piedra con baja marea

Waypoint

Piñeiro

Praia

Praia de Broña1

Praia de Broña
Praia

Praia siavo1

Praia siavo
Waypoint

Praia Vitareira1

Praia Vitareira
Waypoint

Punta da Carreiroa1

Waypoint

rd

Waypoint

Rego de Rateira

Waypoint

Serantes

Waypoint

Solleiros1

Waypoint

Vilariño

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta