• Foto de Ruta de Camelle-camariñas 26/03/2017 CDF

Dificultade técnica   Moderado

Tempo  9 horas 5 minutos

Coordenadas 3521

Fecha de subida 28 de noviembre de 2017

Fecha de realización marzo 2017

-
-
104 m
-59 m
0
6,9
14
27,66 km

Vista 90 veces, descargada 6 veces

preto de Camelle, Galicia (España)

RUTA DE CAMELLE A CAMARIÑAS
26 de marzo de 2017
guía: Ramón N.

Saída 9:00 P.Vigo ‐ 9:15 Fontiñas
Comezo: Camelle
Remate: Camariñas
Percorrido: 24 km

Esta ruta forma parte dun dos tramos mais fermosos do Camiño dos Faros. Comenzamos a andaina en Camelle onde se atopa o Museo de Manfred, o alemán de Camelle, pasando o carón da cabana onde viviu e das esculturas de pedra por él feitas. De seguida chegamos o pequeño pobo mariñeiro de Arou,pasando pola ensenada de Xan Ferreiro e o Mirador e praia de Lobeiras. Por un carreiro entre toxos chegamos o pequeño porto de Santa Mariña e, logo de percorrer un km, aproximamonos a duna do Monte Branco; unha das dunas costeiras mas altas, que supera os 150 metros de altitude. Ascendemos a duna ,disfrutando dunhas maravillosas vistas da costa. Baixamos a duna do Monte Branco dirixindonos a Punta Boi, logo de atravesar as solitarias calas do Trece e chegamos o Cimiterio dos Inglesis, onde descansan as victimas do naufraxio do Serpent. O fondo xa divisamos Cabo Vilán. Dende o Cimiterio dos Ingleses temos duas horas de camiño hasta o Faro de Cabo Vilan; neste tramo atopamos pequenas praias coma a de Pedrosa e Arnela e observamos curiosas formacións rochosas coma a pedra do Oso e a dos Namorados de Reira e restos dun foxo dos Lobos. O Faro de Cabo Vilán e un dos iconos da costa da morte; foi inaugurado no 1896 como primeiro faro con luz eléctrica de España. Dende Cabo Vilán alcanzaremos o pobo de Camariñas, logo de pasar pola Ermida da Nosa Señora do Monte e a praia do Lago.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta