Tempo  3 horas 43 minutos

Coordenadas 1119

Fecha de subida 10 de junio de 2018

Fecha de realización junio 2018

  • Valoración

     
  • Información

     
  • Fácil de seguir

     
  • Entorno

     
-
-
296 m
59 m
0
3,4
6,7
13,49 km

Vista 662 veces, descargada 38 veces

preto de Castro, Galicia (España)

Este roteiro sinalizado e homologado pola Federación Galega de Montaña como PR-G 196 transcorre pola parroquia estradense de San Miguel de Castro, tendo un trazado circular que pódese comezar no lugar de O Seixo, a carón da capela das Angustias, sitio de paso da Vía da Prata.

O sendeiro amosa dúas partes diferenciadas: o treito da ribeira do Ulla no que pasamos por sendeiros abertos polos pescadores -o de máis bonitura- e logo a parte alta do interior con zonas de bosque mixto e camiños entre aldeas -xa menos interesante-.

Puntos a mencionar son:

A capela de Nosa Señora das Angustias, erguida no ano 1707 na Albergaría e trasladada a O Seixo no 1880; sendo aquí o lugar de inicio do sendeiro.

O miradoiro de O Castro, de fabulosas vistas sobre a bacía do río Ulla.

As dúas pontes de ferrocarril en Gundián, de esvelta construción e que salvan o Paso da Cova, un estreitamento na canle do Ulla cun ancho de 4 metros entre paredes de filón de cuarzo duns 50 metros de altura. Conta a lenda que aquí había unha enorme lagoa terras enriba e que existía un mosteiro templario do século XIV -no se atopou ningún resto- e os monxes perforaron o monte para drenar as augas dando así orixe a este angosto paso.

A igrexa de San Miguel de Castro, do ano 1115 e que conserva de estilo románico a absida e un arco triunfal.

O hórreo de pranta máis ben cadrada de Prado e que é nomeado coma “a hórrea”.


Nota importante:

En tempos de moita choiva, con crecidas no río Ulla, o paso polo treito que está aos pés das pontes de Gundián, pode presentar problemas por ser zona de posible asolagamento.

Ver más external

Lugar da parroquia de San Miguel de Castro, no concello de A Estrada.
Camiño no lugar de O Seixo, na parroquia de Castro.
Camiño preto do lugar de Prado.
Bosque de carballos.
Sendeiro polas marxes do río Ulla.
Lugar da parroquia de O Castro, no concello da Estrada.
Comezo no lugar de O Seixo, a carón da capela das Angustias.
Fonte de auga potable en San Miguel de Castro.
Mina de auga preto do lugar de Prado.
Miradoiro no Castro sobre o Paso da Cova e o val do río Ulla.
Muíño en ruínas en San Miguel de Castro.
Pasarela de madeira para salvar un regacho afluente do Ulla.
Pontes do ferrocarril no Paso da Cova.
Pontes do ferrocarril no Paso da Cova.
Lugar na parroquia de Castro, no concello de A Estrada.
Nace en Antas de Ulla, na provincia de Lugo e logo de 132 Km desemboca na ría de Arousa, en Catoira.
Lugar da parroquia de Castro, no concello de A Estrada.
Carreiro de pescadores pola beira do río Ulla.
Zona con posibilidade de inundación nas crecidas do río Ulla.

2 comentarios

  • Pcho 22-oct-2018

    He realizado esta ruta  verificado  ver detalle

    Ruta fácil de hacer, con muy buenas vistas y no llega a las 3 horas de duracion

  • Foto de Juan Eiras

    Juan Eiras 26-ene-2019

    He realizado esta ruta  ver detalle

    Realizada en enero de 2019.
    Ruta bastante disfrutable, con buen paisaje, un mirador excelente y completamente señalizada. Aún con el río bastante lleno ninguna zona estaba inundada.

    Recomendable.

Si quieres, puedes o esta ruta