Tiempo en movimiento  2 horas 41 minutos

Tempo  6 horas

Coordenadas 2704

Fecha de subida 29 de agosto de 2019

Fecha de realización agosto 2019

-
-
1.589 m
1.047 m
0
4,3
8,5
17,02 km

Vista 16 veces, descargada 0 veces

preto de Alarcia, Castilla y León (España)

Ruta circular, partindo da localidade de Alarcia. Hai un aparcadoiro a carón da estrada e o camiño comeza logo de atravesar a aldea. Sóbese ata un miradoiro (da Cruz) e logo báixase ata a estrada. Ándase por ela un pequeno treito e atravésase (preto dun depósito de sal para a neve) para baixar cara un regueiro onde comeza un fermoso faial que ascende polas ladeiras do regato da Genciana. O sendeiro vai subindo con distinto grao de pendente e con algún claro dende onde podemos esculcar a paisaxe circundante: no abesedo, faias e na solana piñeiros e outras especies. Na parte alta, cando abordamos unha pista, hai un desvío ata un miradoiro sobre o val. Coincide tamén aquí con outra ruta de longo percorrido. Xa non moito máis arriba chegamos a unha zona de pasteiros e logo coroamos unha portela onde hai un depósito de auga. Comeza a baixada primeiro por entre piñeiros e máis abaixo polo medio doutro faial. Atopamos logo unha fonte de auga friísima e moi rica: fonte Pajuelas. Non queda máis que seguir baixando ata atopar zonas de pradarías (máis ben botadas a perder) para ir achegándonos ao punto de partida. Antes volvemos ver unha igrexa no fondo do val (divisarámola tamén na subida) e pasamos xunto dunha fonte ("Fuente de Burro") e cun frontón de sorprendente grandura para a aldea á que di pertencer. Xa na meta, podemos tomar algo no bar e ligarnos a unha rede de datos aberta, co nome do xunta veciñal da localidade...
Todo o camiño está sinalizado aínda que as marcas xa van esvaíndo nalgúns puntos. O sendeiro está desbrozado e limpo. O desnivel é considerable aínda que asumible cun mínimo de forma física. Tén de bo que é continuo, sen dentes de serra.
Sen ser unha ruta espectacular, é interesante e amena sobre todo pola arboreda e a paisaxe. Seguramente no outono será unha beleza as cores do faial...
Feita seguindo esta, que está moi ben documentada: https://gl.wikiloc.com/rutas-sendeirismo/sierra-de-la-demanda-la-genciana-burgos-20030013
parquing

Comezo

fuente

Fonte

árbol

Carballeira

panoramica

Mirador da Cruz

Intersección

Dereita

Porta

Paso gandeiro

Intersección

Dereita

foto

Baixada

árbol

Faial

Ponte

Pontón

Porta

Valos gandeiros. Rousar cara a dereita.

Deixar pechado, lembremos!!
Intersección

Subir cara a dereita, por onda o corrimán.

árbol

Faial

Intersección

Camiño, seguir recto

panoramica

Miradoiro

panoramica

Claro do faial

Intersección

Dereita, bifurcación?

Torcer cara a dereita, seguindo a marca e o carroucho máis puído, aínda que hai moutro menos marcado e unha indicación (borrda) que marca cara a esquerda...
Fervenza

Fervenza?

Seguramente en tempo de choivas ou desenve haberá un cachón bonito aquí...
árbol

Teixo

Intersección

Derivación ao miradoiro

panoramica

Miradoiro da Genciana

panoramica

Monte

refugio libre

Caseto e vistas

fuente

Depósito de auga con abeberadoiro

Potable???
árbol

Piñeiral

árbol

Cota superior do faial

fuente

Fonte Paulejas

Intersección

Esquerda

Información

Poste

fuente

'Fuente del Burro'

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta