Descargar

Distancia

21,11 km

Desnivel positivo

501 m

Dificultade técnica

Moderado

Desnivel negativo

485 m

Altitud máxima

200 m

Trailrank

24

Altitud mínima

-8 m

Trail type

Solo ida
  • Foto de Ruta de Malpica-Punta Nariga 28/02/2016 CDF

Tempo

8 horas 37 minutos

Coordenadas

3050

Fecha de subida

23 de noviembre de 2017

Fecha de realización

mayo 2014

Crea tus Listas de Rutas

Organiza las rutas que te gustan en listas y compártelas con tus amigos.

Pásate a Wikiloc Premium Pásate a Premium para eliminar los anuncios
Crea tus Listas de Rutas Crea tus Listas de Rutas
Sé el primero en aplaudir
Compartir
-
-
200 m
-8 m
21,11 km

Vista 65 veces, descargada 1 veces

preto de Malpica, Galicia (España)

DESDE MALPICA ATA PUNTA NARIGA
28 de Febreiro de 2016

guías: Matilde / Rafa

Saída 9:00 P.Vigo - 9:15 Fontiñas
Comezo: Malpica
Remate: Punta Nariga
Percorrido: 20 km

Esta ruta empeza en Malpica e remata no Faro de Punta Nariga, tendo coma compañeiros de andaina ao Atlántico e ás Illas Sisargas. Deixamos a vila e collemos un sendeiro peonil que nos leva á praia de Seaia e de alí á ermida de Santo Hadrián. Di a lenda que o santo chegou a Malpica para loitar contra unha praga de serpes, e ao chegar ao Cabo matou a serpe facendo que todas desapareceran. Seguindo a carón do mar vemos as Illas Sisargas, que son tres: Illa Grande, Chica e Malante. Son un enclave ornitolóxico moi importante, e tamén hai que destacar a súa flora. Na Sisarga Grande hai un faro e ruínas da ermida de Santa Mariña, que seica foi destruída polas invasións normandas. Bordeando o Cabo de San Adrián, sempre á beira do Atlántico, chegamos á praia de Beo, e subimos á aldea do mesmo nome. De seguido chegamos a outra praia, pero esta rodeámola porque hai unha zona de marismas de grande valor ecolóxico; a praia de Seiruga ou Esteiro. Pasamos por diante do restaurante As Garzas, que ten unha estrela Michelín, e chegamos á praia de Barizo. Aquí metémonos polo monte e polo parque eólico, cara o Faro de Punta Nariga. Foi construído en 1998 polo arquitecto César Portela, e parece a proa dun barco, na que hai unha escultura de bronce de Manolo Coira. Ademais observaremos tamén a paisaxe que forman as rochas erosionadas, cos seus buratos chamados tafoni ou cacholas, e pías.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta