Descargar

Distancia

19,84 km

Desnivel positivo

335 m

Dificultade técnica

Fácil

Desnivel negativo

385 m

Altitud máxima

324 m

Trailrank

26

Altitud mínima

100 m

Trail type

Solo ida
  • Foto de Ruta de Marzo a Portomouro 19/04/2015 CDF

Tempo

7 horas 27 minutos

Coordenadas

1914

Fecha de subida

17 de noviembre de 2017

Fecha de realización

abril 2015

Filtros Avanzados

Filtra por mes o fecha de grabación. Encuentra rutas solo de personas a las que sigues.

Pásate a Wikiloc Premium Pásate a Premium para eliminar los anuncios
Filtros Avanzados Filtros Avanzados
Sé el primero en aplaudir
Compartir
-
-
324 m
100 m
19,84 km

Vista 155 veces, descargada 5 veces

preto de Grijoa, Galicia (España)

RUTA DE MARZO A PORTOMOURO
19 de abril de 2015

guias: Javier L.

Saída 9:00 P.Vigo - 9:15 Fontiñas
Comezo: Marzo
Remate: Portomouro
Percorrido: 21 km

Comeza a ruta nas inmediacións da Estación Elevadora de Augas de Marzo, que subministra auga potable a Santiago. Por un ancho camiño paralelo ao río Tambre encamiñámonos a ponte Albar. Cruzamos a estrada e por camiños e unha pista chegamos ás inmediacións da minicentral de Fecha Esta minicentral de 2,2 MW foi construída no lugar da antiga central de Fecha, que en 1902 subministraba electricidade a Santiago, aproveitando a presa e a canle de carga. A antiga central funcionou ata principios dos anos 70 e parte da súa maquinaria pode verse no Museo Eléctrico de UNIÓN FENOSA na Coruña Antes da central desviámonos para gozar da vista dun pintoresco regueiro con minifervenzas. Un pouco campo a través alcanzamos un camiño de suba ata o pobo de San Juan de Fecha (con calma que a costa tira...). Deixamos o pobo por un antigo camiño real e encamiñámonos ao bosque de eucaliptos de Vachao. Antes de chegar á Casa Grande de Vachao, de turismo rural descenderemos en zigzag ata o río e seguimos o seu curso. Augas abaixo pódense ver algúns rápidos. Tras un curto tramo subimos un pouco e inmediatamente volveremos baixar ata o río xunto a máis rápidos e o Salto da Cabra, cuxa espectacularidade dependerá do caudal do río. Á altura do salto crúzase a fervenza en que desemboca o regueiro de Vilar (precaución nesta zona de pedras algo escorregadizas) e veremos un meandro do río no que hai as ruínas dunha antiga minicentral. Entre as árbores poden entreverse as casas do antigo poboado. Cruzamos unha praia e internámonos nunha pequena península chamada A Bouza na que a propia dificultade de acceso preservou unha fraga case virxe con acacias, carballos e un gran número de acivros intercalados, así como notable variedade de árbores, arbustos e plantas. Podemos observar pegadas continuas da presenza de xabarís pola zona, así como doutros varios mamíferos pequenos e anfibios. Por esta zona aniñan as garzas e é frecuente ver tamén algunha bandada de perdices. Seguindo o río por camiños de pescadores ché- gase ao peirao próximo ao Muiño dás Rodas. Aquí está o punto final dun abandonado PR que seguiremos ata A ponte de Portomouro, final da nosa ruta.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta