-
-
1.892 m
1.134 m
0
1,4
2,8
5,7 km

Vista 1595 veces, descargada 39 veces

preto de Piornedo, Galicia (España)

Esta ruta comeza en Piornedo, (lugar onde deixamos o coche) cruzamos o pobo ata a capela de San Lourenzo onde collemos un camiño que nos leva ata “O Campo” no cal atópamos matogueiras característica da zona coma piornos, toxos e xestas alternando con praderías de montaña. Seguimos o camiño ata que nos atopemos cunha chaira herbosa maior que a anterior chamada “Chao Grande”. Nesta campa atopámonos con dous camiños, calquera deles nos vai levara ata “Campo Redondo”. Alí veremos o río “Veiga Cimeira” o cal se cruza a través dunha ponte. Do outro lado atopamos un sendeiro empedrado que nos leva ata unha campa onde encontramos restos dunha cabana que servía de albergue a pastores e montañeiros. Se continuamos o sendeiro chegaremos o cumio do Mustallar.

Desta ruta cabe destacar unha fermosa fervenza no río anteriormente mencionado o igual que a singular vexetación que cobre a ladeira da montaña composta por piornos, arandeiras, xestas, toxos... alternando con bosquetes de carballos, acivros, bidueiros, pradairos,capúdres , etc.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta