-
-
1.725 m
1.348 m
0
1,8
3,5
7,03 km

Vista 3386 veces, descargada 59 veces

preto de Cabanas Antiguas, Galicia (España)

Partindo de Degrada subimos por unha estrada que discorre pola dereita ata o Albergue deixando alí o coche e comezamos o camiño por unha pista asfaltada, na cal está prohibido o paso a vehículos. Percorrido 1Km deixamos a dereita un camiño que nos leva a Cabanavella. Seguimos avanzando e o camiño pasa a ser de pedra, a dereita pódese ver o “Monte da Vara” e chégase a “Campa de Ortigoso” onde atopamos un bosque de acivros e un pouco máis adiante introducímonos nun bosque mixto de frondosas autóctonas (bidueiros, carballos, freixos...) Pasados uns 4Km chegamos a “Campa de Tres Bispos”, dende alí pódese gozar dunha visualización completa dos picos máis importantes da Serra dos Ancares (O Mustallar, Penalonga...). Dende está campa acendemos por un sendeiro que discorre entre matogueiras ata coroar o pico de Tres Bispos

1 comentario

  • Foto de rutas&fotos

    rutas&fotos 30-mar-2016

    Ruta lineal, recomendable. Disfrutei moito facendoa, porque as dificultades do clima (tivemos moita neboa) e o estado da ruta (grande capa de neve dende o km 2 do inicio da rutoa) foron un aliciente máis para acadar o cumio dos Tres Bispos. Subimos no mes de marzo.

    Repetirei seguro, en verán, para poder disfrutar das vistas desde o Cumio.

Si quieres, puedes o esta ruta