Tempo  5 horas 54 minutos

Coordenadas 3234

Fecha de subida 13 de octubre de 2014

Fecha de realización mayo 2014

  • Valoración

     
  • Información

     
  • Fácil de seguir

     
  • Entorno

     
-
-
792 m
221 m
0
7,2
14
28,75 km

Vista 2858 veces, descargada 12 veces

preto de Camarmeña, Asturias (España)

(O GPS perde sinal continuamente: a distancia total, ida e volta, é duns 23 km e non esa esaxeración que aparece aquí. Obviamente, o perfil tampouco é ese)

Se esta ruta é coñecida como “la garganta divina” por algo é. Abofé.

Fixemos á ruta de Poncebos a Caín (ida e volta), sen chegarmos a Posada de Valdeón.

Sobre a fermosura e as características desta ruta tense escrito moitísimo e mesmo os usuarios de Wikiloc téñena descrito con detalle, polo que eu prefiro referir algunhas notas sobre a súa historia.

Polo visto, máis de 2.000 persoas traballaron durante catro anos para construír a canle para abastecer a central hidroléctrica de Poncebos, a meirande parte deles procedentes de Galiza e Portugal a partir de 1916. Antes a ruta do Cares non pasaba de ser un camiño de pastores que houbo que ampliar para o transporte dos materiais necesarios para a obra. Seica morreron once persoas durante a construción, dous deles asasinados e polo menos tres por explosións de dinamita no túnel no que durmían. (Datos procedentes de http://noticiascomarcales.blogspot.com.es/2012/04/un-poco-de-historia-sobre-la-ruta-del.html)

En 1931 abriuse unha senda, mais o camiño actual, a media altura e construído para o mantemento e limpeza da canle, abriuse entre 1945 e 1950. Polas dificultades de acceso, practicamente foi feita tallada á man.

A obra da senda foi trazada e dirixida por Manuel Campillo Noriega, de Bulnes (encargo da Electra de Viesgo), quen tamén traballou como obreiro. Segundo el mesmo di “a actual senda foi construída pensando na canle; nunca pensamos que por ela ía pasar tanto turista”.

Utilizaban basicamente picos e dinamita. Con frecuencia os obreiros tiñan que descolgarse por cordas, pór as cargas de dinamita e subir de novo para que non os pillase o estoupido. Feito o oco, volvían baixar polas cordas e púñanse a picar.

As primeiras pontes de La Covona (ou os Rebecos) e Bolín foron de madeira. Da construción deste último lembra Campillo que “foi moi difícil; tivemos que cortar a madeira á man; usabamos cables de 35 mm de sección, pero as ancoraxes saían e tiñamos un abismo de 60 metros”.

Nunca foron máis de 45 obreiros e case todos de Caín, Valdeón e Cabrales. Houbo dous accidentes mortais, un por una caída de pedra e outro por caer ao precipicio.

(Datos recollidos de http://casadealdealoscampos.wordpress.com/2013/08/12/la-ruta-del-cares-una-obra-de-titanes/)

As reparacións das pontes de Bolín, dos Rebecos e da presa datan de 2001.

A nosa excursión foi a primeiros de maio e soamente podiamos ir en domingo, polo que a ruta estaba bastante transitada. Non quero nin imaxinar o que pode ser realizala en xullo ou en agosto, seica é unha romaría multitudinaria...
Waypoint

Poncebos

Poncebos
Waypoint

Los Collaos

Los Collaos
Waypoint

canle

Waypoint

edificación e panel

panel indicador distancias
Ponte

Puente Bolín

Puente Bolín
Ponte

Puente Los Rebecos

Puente Los Rebecos
Waypoint

Caín

3 comentarios

  • Foto de ciriIII

    ciriIII 22-ene-2015

    .

  • Hugo61 16-ago-2017

    He realizado esta ruta  ver detalle

    breathtaking

  • Foto de Xoanzinho

    Xoanzinho 16-ago-2017

    Grazas, Hugo61, é moi conocida e transitada, pero é unha pasada!

Si quieres, puedes o esta ruta