Coordenadas 1527

Fecha de subida 23 de octubre de 2017

Fecha de realización octubre 2017

  • Valoración

     
  • Información

     
  • Fácil de seguir

     
  • Entorno

     
-
-
578 m
460 m
0
4,2
8,3
16,7 km

Vista 1593 veces, descargada 107 veces

preto de Doade, Galicia (España)

O museo etnográfico Casa do Patrón é o promotor deste sendeiro homologado coma PR-G 210 que transcorre polas parroquias de Soutolongo, Lodeiro, A Xesta, Vilanova e Doade, do concello de Lalín. Nesta última freguesía atópase un xacemento castrexo que vén sendo un dos puntos a visitar no roteiro, podéndose comezar éste ao carón do museo.

O percorrido vai por camiños rurais, carreiros e sendas de pescadores e danos a coñecer carballeiras, soutos, o monumental carballo catalogado de Soutolongo -coa copa máis grande de Galicia-, pontellas sobre o río Asneiro e regatos Abeleda e Lebozán, fermosas contornas naturais coma as de Entre Ríos e Mouriscade, a igrexa románica de Vilanova, o forno de pan de Riazón, os restos da mámoa de Agro do Castro e tamén o castro de Doade.

Nos carteis que hai a entrada do castro, lese:

"O castro de Doade, popularmente coñecido como Aurela do Castro, conta cun único recinto de tendencia circular aínda que lixeiramente maís extenso no seu eixe leste-oeste. O seu perímetro está delimitado por un terraplén maís desenvolvido nas zonas leste e norte. Desde o punto de vista paisaxístico o castro constitúe unha formidable terraza natural sobre o val do río Asneiro, con vistas panorámicas únicas da parte central da comarca do Deza que permiten divisar os castros limítrofes de Soutolongo, Vilanova e A Xesta.

Unha das características máis importantes dos castros como poboados fortificados da Idade de Ferro son as súas murallas. Os poboaores buscaban lugares adecuados para a súa subsistencia e comunicación, en posicións destacadas, e rodeábanse destas defensas para evitar ser vulnerables, tanto a animais coma a outras personas.

O castro de Doade non é unha excepción: está rodeado dunha muralla que mide actualmente uns 6 metros de alto pola súa zona sur e chega aos 7 metros noutras zonas. Ao tratarse dun lugar relativamente chan os construtores precisaron acumular grandes cantidades de recheo de terra e pedras para poder facela o máis alta posible.

Neste castro documentouse un dobre foso exterior, de 1,65 metros na súa primeira altura e de 3,75 metros na segunda, próximo á muralla, da que se atopou un derrube que pararía no foso. Tras varios niveis de sedimentación, nun momento no que xa non sería necesario conservar o foso, foi colapsado a través de varios niveis de recheo de pedra e terra, de maneira que quedaría completamente tapado previo á sedimentación da capa vexetal. Trátase do único foso de Galicia excavado na rocha nai e baleirado totalmente."

Ver más external

Lugar de Vilanova, Lalín.
Albergue municipal xuvenil en Mouriscade, Lalín.
Área recreativa de Mouriscade, ao carón do río Asneiro.
Camiño en Santomé.
Camiño preto de Doade.
Bosque de carballos no lugar de Carracedo.
Carballo catalogado na parroquia de Soutolongo, Lalín. É o que ten o copa máis grande de Galicia.
Lugar no concello de Lalín.
Museo etnográfico no lugar de Codeseda, Doade.
Museo etnográfico no lugar de Codeseda, Doade.
Castro de Doade, Lalín.
Lugar da parroquia de Doade, Lalín.
Pista
Corredoira na parroquia de Vilanova.
Congostra no lugar de Santomé.
Lugar da parroquia de Doade.
Fonte de auga potable no lugar de Santomé.
Fonte en Doade.
Forno de pan no lugar de Codeseda, Doade.
Igrexa románica na parroquia de Vilanova, Lalín.
Mámoa do Agro do Castro, en Codeseda, Doade.
Muíño hidráulico no río Asneiro.
Muíño hidráulico no río Asneiro, na área de lecer de Mouriscade.
Muíño hidráulico no río Asneiro.
Muíño hidráulico no río Asneiro.
Muíño no lugar de Entre Ríos, Doade.
Muíño de Entre Ríos.
Pasarelas de madeira sobre a canle de auga do muíño de Froiz.
Bebedeiro para os animais en Doade.
Pombal no lugar de Santomé.
Pontella sobre o río Asneiro, na área de lecer de Mouriscade.
Pontella sobre o río Asneiro.
Pontella sobre o río Asneiro.
Pontella no río Asneiro.
Río afluente do Deza.
Afluente do río Asneiro.
Afluente do río Deza.
Rego afluente do Deza.
Afluente do río Deza.
Afluente do río Deza.
Lugar no concello de Lalín.
Bosque de carballos.
Parroquia de Lalín.

2 comentarios

  • Foto de aconsalpe

    aconsalpe 26-nov-2017

    He realizado esta ruta  verificado  ver detalle

    Una ruta muy bonita, se puede realizar tanto en verano como en otoño

  • Foto de Juan Eiras

    Juan Eiras 01-abr-2019

    He realizado esta ruta  ver detalle

    Unha ruta bonita e sinxela. Os camiños están coidados e perfectamente señalizados, fixémola seguindo o track que pon a disposición jesussimon pero e das rutas que menos miramos para o GPS. Para nos destaca o carballo monumental e o muiño de Froiz. Grazas por compartila!

Si quieres, puedes o esta ruta