Tempo  unha hora 12 minutos

Coordenadas 960

Fecha de subida 17 de marzo de 2016

Fecha de realización marzo 2016

-
-
756 m
394 m
0
2,8
5,6
11,24 km

Vista 1798 veces, descargada 69 veces

preto de Vilamor, Galicia (España)

Este roteiro sinalizado é un dos clásicos da Serra do Courel, estando agora en proceso de homologación coa referencia PR-G 223.

Lemos na cartelería informativa da andaina:

"Para comezar esta ruta prantéxanse tres posibilidades, podéndose escoller calquera dos tres puntos de inicio previstos e que se situaron nas aldeas de Vilar, Vilamor e Froxán.
Neste caso a ruta parte da aldea de Vilamor, comezando cunha baixada zigzagueante que nos achega, atravesando zonas de souto e de carballeira, até o río Lor, a carón da ponte da Rastradeira ou de Vilar. Segundo imos descendendo, podemos gozar de vistas de grande interese, coma o souto e o castro de Vilar, situado na ladeira oposta, ou a conca do río Lor, que se constitúe no eixe vertebrador do Courel e tamén da propia ruta.

Unha vez cruzada a ponte, a ruta comeza a ascender cara a aldea de Vilar, atravesando o souto e gozando tamén de fermosas vistas da conca do río Lor, e unha vez chegados a Vilar, podemos contemplar a arquitectura popular que o caracteriza e unha boa mostra da cultura rural destas terras a través do museo etnográfico de Juan. Por último poderemos repousar un pouco a carón da fonte da Saúde e refrescarnos coas súas augas antes de proseguir.

Continuamos o camiño cara a Froxán, cruzando de novo parte do souto de Vilar e cun pequeno desvío achegámonos a capela de San Roque e o castro de Vilar e agora descendemos a procura do río Lor. Neste percorrido atravesaremos o piñeiral de Abraído e poderemos contemplar diferentes vistas da conca do río Lor, do plantío de castiñeiros e, unha vez cruzado o río pola ponte do Bao, atravesar unha zona onde destacan as cuantiosas sobreiras que, mezcladas con castiñeiros, lle proporcionan un carácter particular á paisaxe, rematando este treito coa chegada a fermosa aldea de Froxán, onde podemos contemplar como as actuacións de restauración que se realizaron lle aportaron un grande interese e podemos repousar a carón da fonte do Milagro.

No derradeiro tramo percorreremos a distancia que separa as aldeas de Froxán e Vilamor, gozando de novo das fermosas vistas da conca do río Lor, e na ladeira oposta , do piñeiral de Abraído, do souto e o castro de Vilar. Rematamos ruta chegando a Vilamor, onde contemplaremos a súa arquitectura popular e a igrexa de San Vicente, que é, sen dúbida, unha das máis fermosas do Courel."

Ver más external

Recinto para protexer as colmeas.
Recinto no que se facía a festa na aldea de Vilar.
Ermida na aldea de Vilar.
Sendeiro entre castiñeiros na aldea de Vilar.
Antigo asentamento fortificado na aldea de Vilar.
Punto de inicio do roteiro, na aldea de Vilamor.
Corredoira baixando de Vilarmor cara ao río Lor.
Congostra en Froxán.
Fonte de auga potable na aldea de Vilar.
Fonte de auga potable na aldea de Froxán.
Aldea na Serra do Courel.
Lavadoiro con fonte de auga potable na aldea de Vilamor.
Museo etnográfico particular, na aldea de Vilar.
Bosque de piñeiros entre Froxán e Vilamor.
Bosque de piñeiros na aldea de Vilar.
Ponte que cruza o río Lor. Entre Vilar e Froxán.
Ponte sobre o Lor, tamén chamado ponte de Vilar.
Discorre pola Serra do Courel e desemboca no río Sil.
Carreiro no piñeiral de Abraído.
Pequeno bosquete de Sobreiras en Froxán.
Bosque de castiñeiros en Vilamor.
Bosque de castiñeiros na aldea de Vilar.
Bosque de castiñeiros en Vilamor.
Bosque de castiñeiros na aldea de Vilar.
Vía Crucis a capela de San Roque, en Vilar.
Aldea na Serra do Courel.
Aldea na Serra do Courel.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta