-
-
736 m
157 m
0
4,0
7,9
15,88 km
Vista 574 veces, descargada 11 veces
preto de Luintra, Galicia (España)
Preciosa ruta na Ribeira Sacra, no concello de Nogueira de Ramuín, con saída dende Luíntra.
A ruta vai en todo momento por camiños e corredoiras, tocando so un pouco de asfalto ao pasar polas aldeas.
Ruta promovida pola asociación Móvete por Nogueira, señalizada e totalmente limpa. Agradecemento polo seu traballo.
Ao saír de Luíntra en dirección a Capela de Sta. Eulalia e Baldomar, atoparemos un camiño a esquerda indicando a ruta. Unha corredoira, onde atoparemos muíños e unha albariza e algún dos penedos que nos acompañaran permanentemente nesta ruta, levarános ata a aldea de O Mollón; un pouco máis adiante ao pasar a aldea de Borraxos, xa albiscamos a nosa esquerda o río Miño baixando de Os Peares, onde xa recibeu o Sil.
Unha vez deixamos as vistas do Miño, dirixímonos en dirección O Sil a aldea de O Alcouce,; un pouco máis adiante atoparemos o miradoiro da Lampa, cunhas vistas impresionantes do Sil , o fondo vemos o Mosteiro de San Estevo.
Continuamos a nosa ruta por camiños entre bolos e penedos (do trigo, de Rufino, Pedra Longa...) ata chegar o Castro de Moura; dende todos estos puntos teremos unhas maravillosas vistas do Sil.
Dende o Castro de Moura facemos un pequeno cambio na ruta para visitar o Penedo Furado (11 mts. de altura), bautizado pola asociación Móvete por Nogueira cómo pseudomenhir por tratarse dunha estructura natural. Camiñamos hacia a estrada para atoparnos coas Mámoas de as cabanas de Moura, e logo de pasar polos miradoiros da campaza e dos Carpaciños por unha fermosa corredoira chegaremos novamente a Luíntra.
Unha ruta espectacular, moi recomendable, fácil de andar; xa que a súa beleza fai esquecer as subidas e baixadas.
Distancia; 15,9 km
Tempo total: 5h. (3,20 km/h.)
Tempo en movemento: 4 h. (4,1 km/h.)
(https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/nogueira-de-ramuin/2018/01/21/colectivo-movete-nogueira-encuentra-pseudomenhir-once-metros-altura/0003_201801O21C7992.htm)

Si quieres, puedes dejar un comentario o valorar esta ruta
Comentarios