Tempo  9 horas 16 minutos

Coordenadas 3206

Fecha de subida 1 de octubre de 2016

Fecha de realización septiembre 2016

-
-
727 m
179 m
0
6,1
12
24,44 km

Vista 1141 veces, descargada 19 veces

preto de Nogueira de Ramuín, Galicia (España)

O Concello de Nogueira de Ramuín acolleu o domingo, día 15 de maio do 2016, á Andaina Solidaria Ruta do Contrabando, a favor da Cruz Vermella.

A Ruta do Contrabando é un sendeiro deseñado, habilitado e sinalizado nos últimos meses pola Asociación Móvete por Nogueira. Trátase dun percorrido que inclúe tramos tanto pola Ribeira Sacra do Miño como pola do Sil, pasando por camiños milenarios, miradoiros, pobos tradicionais, vestixios históricos, etc.

O noso grupo sendereando.es, esta vez sen o noso guía documental José Trigo,desprazámonos dende Pontevedra e Vigo para realizala.
Non quedamos defraudados, todo o contrario, as vistas son marabillosas, tanto pola parte do río Miño como pola do río Sil. O espeso bosque ofrécenos todo tipo de árbores autóctonos, mención especial para os centenarios castiñeiros.

Na zona dos muíños atopámonos con unha cantidade de eles ao longo dun pequeno regato , aínda que ruinosos, están totalmente limpos de maleza o que fai mais pintoresco o lugar.
Iniciamos un descenso bastante pronunciado por estreitos carreiros que nos leva cara a a zona de A Casanova, pasando preto dunha antiga albariza, refuxio empregado antigamente polos contrabandistas, tamén atopamos varios penedos con nomes propios.
A partir de aquí o paisaxe vai cambiando aos poucos para entrar nunha zona dominada por pequenas aldeas, viñas e hortas enchidas de froitos que nos fan que a camiñada sexa moito máis levadía.

A última de estas aldeas é A Penalba, dende onde podemos desfrutar de unhas boas vistas do Miño. Agora toca ascender, sempre por camiños tradicionais baixo o bosque que nos protexe do sol que empeza a quentar con forza.

Ao terminar a subida chegamos a zona de Moura, onde se atopa o precioso miradoiro de Lampa ou Moura, que nos fai desfrutar das marabillosas vistas, esta vez do Sil.
Continuamos por unha paisaxe moi especial, toda ela chea de penedos, do Trigo, do Rufino, do Altar e unha cantidade enorme de rochas que fan que a imaxinación de cada quen vexa figuras diferentes nelas. Para nos a máis espectacular é a Pena Longa.
Antes de continuar de novo polo bosque en dirección a Valdomar, pasamos preto de un conxunto de mámoas (As Cabanas de Moura) datadas entre os anos 4000 e 2000 a.C.

Chegamos a Luintra onde comeza e termina a ruta do Contrabando.
A nosa ruta é un pouco máis longa, comezamos e terminamos no lugar de Nogueira. Para elo xantamos no restaurante O Afiador en Luintra, para pola tarde percorrer o último tramo ata o inicio. Este último tramo ten algo de asfalto e algún que outro impedimento para poder continuar pola maleza en un pequeno tramo que sinalizamos na ruta.
En definitiva, un roteiro espectacular, con todos os ingredientes para desfrutar da natureza.

Parabéns á Asociación Móvete por Nogueira, por acondicionar esta ruta para todos os que nos gusta camiñar polos magníficos sendeiros que nos proporciona este noso país que é Galicia.

Agora só falta que se manteña en condicións en vindeiros anos para que non pase como noutros moitos, que co paso do tempo quedan totalmente abandonados polos concellos.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta